Club de Montaña O Caxado – Serra de Gredos e anuncio da camiñata pola ruta da auga en Guitiriz

20

O pasado 26 de decembro alguns compañeiros do club de montaña desplazaronse ata a Serra de Gredos para rematar o ano con unha actividade invernal. Das actividades que levaron a cabo os 6 compañeiros, danos conta Marqués na crónica ca que nos agasallou de volta na casa.
Dende o mes de outubro,levábamos sin facer unha saída larga co club. Na nosa cabeza rondaba facer algo xa en invernal pos estábamos na época,e en calquera sitio de alta montaña xa teriamos as condicións. Barallabamos varias posibilidades, Picos de Europa, Peña Ubiña, Montes AAquilianos Gredos , Ancares, Pirineos…o final decidámonos pola serra de Gredos en Avila..
serra-gredos_caxado-001.jpg


Saiamos o día 26,a media mañá, para facer noite por ali cerca,e empezar o luns a primeira hora, como así foi, nesta vez saímos 6 compañeiros do club de montaña o Caxado.
O primeiro día (luns), saímos da plataforma de Gredos, un lugar donde saen varias das rutas por esa zona e que ten un aparcamento onde deixar o coche. Saíamos de alí cara ó refuxo Elola, en pleno circo de Gredos, donde faríamos noite estes 3 días e de onde cada un dos días empezaríamos cos nosos plans.
Como así foi, chegamos o refuxo pasado o medio día, comemos algo, collemos taquilla e deixamos a mochila algo mais lixeira, despois saímos para aproveitar a tarde, o noso plan era subir hasta unha portilla entre algúns dos picos coñecidos da zona, a portilla dos Machos, dende onde se pode ver chegados a ela, a llanura extremeña a un lado e a provincia de Toledo no outro..A baixada fixémola xa de noite, e as 19:00 estabamos no refuxo para cear, durmir e descansar para o dia seguinte.
O martes tentaríamos subir o pico Almanzor(2592m), e digo tentaríamos, pois nesta época do ano xa esta todo nevado e con gran cantidade de xeo,e iamolo tentar sin ter que subir o material de escalada, sobre todo para o ultimo tramo duns 20 metros.
Subimos ata o final da portilla do Crampón, ata ali chegábamos, pois como pensábamos o ultimo tramo estaba complicado por unhas pequenas trepadas que hay que facer e que tiñan bastante xeo e non era recomendable facelo sin asegurarse.
Baixamos polo mesmo sitio cara o refuxio de novo, para aproveitar a tarde con outra camiñata pola zona.
Despois de comer algo no refuxio, saímos de novo. Esta vez hacia o Cerro dos Huertos, para ver parte do que seria a saida do dia seguinte.Ata aquí chegamos e xa caendo a noite voltamos o refuxio.
O mercores saiamos sobre as 8:30 da maña, para chegar a Portilla do Rei, un dos pasos hacia o outro val, o de 5 lagoas, esta vez si cumplimos os nosos plans e chegamos, eso si parte do grupo quedou ali…….concretamente unhas lubas que quixeron coller voo e quedar por ali…que vos vaia ben!!!!
Voltabamos o refuxio, recolliamos todo, cargábamos de novo a mochila ata os topes…e veña a camiñar outra vez, cara a plataforma de Gredos, onde tiñamos os coches para voltar a casa, As 19:00 da tarde chegabamos a plataforma de Gredos para coller os coches.
Asi foi e logo de ter moi bon tempo os 3 dias, incluso menos frio do que fixera en días anteriores, chegabamos as 2 da maña a As Pontes……

Aproveitamos para informarvos de que o vindeiro domingo dia 16 de xaneiro iremos facer unha camiñata pola ruta da auga en Guitiriz, esta é unha ruta de 20 km mais tres de unha variante o longo do Rio Ladroil, dificultade baixa, pois é totalmente chá. sairemos as 8:30 do polideportivo municipal, e xa podedes anotarvos ata o venres dia 14 no telefono de sempre (654166777) ou nesta dirección de correo. O prezo do transporte mantense como sempre, 3 € socios e 10€ non socios. Voltarase para comer na casa.
serra-gredos_caxado-002.jpg
serra-gredos_caxado-002.jpg
serra-gredos_caxado-002.jpg
serra-gredos_caxado-002.jpg
serra-gredos_caxado-002.jpg
serra-gredos_caxado-002.jpg
serra-gredos_caxado-002.jpg
Nova cortesía de Chucho

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios