Nota de prensa BNG: O BNG INTENSIFICA A RECOLLIDA DE SINATURAS PARA A DERROGACIÓN OU MODIFICACIÓN DA LEI DE AUGAS DE GALIZA.

35

O BNG pechaba onte á noite a primeira parte da súa campaña informativa sobre da lei de augas aprobada polo PP na Xunta, cun acto na Casa Dopeso que contou coa asistencia de veciños e veciñas non só das Pontes senón tamén doutros concellos. A Parlamentar do BNG Isabel Sánchez e o Responsábel Comarcal Francisco da Silva explicaron a tramitación e o contido da nova lei na súa parte impositiva e responderon ás moitas preguntas formuladas polos asistentes.
O importante incremento do custo dun servizo básico e a súa aplicación xeneralizada con independencia da titularidade pública ou privada (pozos e traídas) ou da residencia (urbano ou rural), sen contemplar a situación económica ou laboral foron algúns dos aspectos que motivaron a maior parte das intervencións. Tamén se subliñou a ausencia de información quer pola Xunta quer polo Concello, administración que deberá cobrar os novos impostos, o que fai máis difícil de comprender o seu desleixo e pasividade.


Os participantes no acto asinaron e levaron follas de recollida de sinaturas dirixidas ao Presidente da Xunta, pregos que o BNG distribuirá por establecementos da localidade. Coa mesma finalidade, o voceiro do grupo municipal nacionalista rexistraba hoxe unha moción na que, ademais de instar á Xunta do PP a modificar a lei de augas, tamén contempla a modificación do Decreto do Carbón e a retirada da subida da luz e gas decretada polo goberno do PSOE no Estado, aspectos que fan dos galegos e galegas dobremente “pagáns”, xa que pagamos a electricidade máis cara e as nosas centrais deixarán de producir por unha decisión política.
Asemblea Local do BNG das Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios