PRIMEIRA NACIONAL B DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – MOSTEIRO DE BEMBRIVE (3-0)

36

Importante vitoria, por tres goles a cero, do Esteo diante do líder, Mosteiro de Membrive, de Vigo. O pavillón municipal da Fraga rexistrou unha boa entrada de afeccionados con preto de trescentos espectadores nas gradas.
Importante e merecida vitoria do Esteo diante do líder do grupo, Bembrive, o mellor equipo que pasou polo pavillón pontés no que vai de campionato. Os ponteses basearon o seu triunfo nunha gran defensa e na efectividade en ataque. O encontro foi de dominio local de principio a fin, aínda que tamén os visitantes crearon algún perigo, pero unhas veces a gran actuación de Javichu e noutras a falta de acerto de cara o gol impedíronlles anotar algún tanto. Os ponteses, moi ben organizados en defensa, crearon perigo na portería visitante e así ós tres minutos de xogo lograron o primeiro gol por obra de Santi e rematando a primeira metade, Noé en xogada persoal puxo o 2-0 no marcador, resultado co que se chegou ó descanso. A segunda parte foi un calco da primeira, dominio do Esteo, que tivo varias ocasións para marcar por mediación de Noé, Fran, cuxo disparo foise ó poste, e Pellón. Ós seis minutos Noé transforma un penalti con que foi sancionado o equipo visitante. A partir de aí máis ocasións para os locais, incluso no momento no que o Bembrive saca porteiro-xogador a falta de oito minutos, pero o marcador non se movería, chegándose ó final co resultado de 3-0, un importante triunfo do Esteo, que comparte a segunda posición co Vilamartín, equipo que perdeu na casa (5-6) diante do Trabada, con trinta puntos, a catro do líder Bembrive.
esteo_001.jpg


O ESTEO FS: Javichu, Santi, Anxo, Gerardo, Rubi –cinco inicial- Pelu, Pellón, Fran e Noé.
MOSTEIRO BEMBRIVE: Marcos, Carlos, Jacobo, Berni, Cameselle –cinco inicial- Alfonso, Jorge, Pitu, Xorxe, José Luis e Pedro.
ÁRBITROS: Santomil Lapido e González Cárdenas, de Santiago. Amoestaron ós locais, Gerardo, Rubi e Pellón.
GOLES: Min. 3 (1-0), Santi. Min. 19 (2-0), Noé. Min. 26 (3-0), Noé, de penalti.
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios