Gema Buitrón e Miguel Albariño Campións Galegos de Tiro con Arco no Barco de Valdeorras

95

O Clube Sílex de Tiro con Arco regresou dos 23º Campionatos Galegos en Sala disputados no Concello ourensán do Barco de Valdeorras con dúas medallas de ouro.
Con sete representantes acudiu ó torneo e nas roldas eliminatorias Gema xa marcou a pauta ó ser primeira con 567 puntos, seguida de Iria Grandal con 563, en cadete tamén foron ben as cousas coa primeira posición de Miguel Albariño (542), cuarto Jacobo Barro (477) e quinto Sergio Buitrón (428). Na competición senior Xaquín mira foi terceiro con 547 puntos e Carlos Iván Romero decimosexto con 489. Na competición de veteráns Carlos González foi séptimo con 424 puntos.


Xa na Fase Final, en recurvo femenino senior, Gema estivo brillante, en cuartos gañou a Concha de Membrilleira, en semifinais a Ana Fernández, e na final nin máis nin menos que á prometedora naronesa e compañeira de Gema na Residencia Joaquín Blume, Iria Grandal, e nos tres duelos venceu con gran superioridade, 6-0.
A outra alegría da xornada protagonizouna Miguel Albariño, que en recurvo cadete tras vencer en semifinais ó seu compañerio Jacobo Barro 6-0, vencía na final ó ferrolán Alejandro Rodríguez Vilaboy por 7-5 no desempate. Cuarto acabou Jacobo que perdeu na loita polo bronce con Manuel Conejo, 7-3. Quinto foi Sergio Buitrón.
En recurvo de veteráns Carlos González foi cuarto, tras gañar en cuartos de final ó naronés Jose Goiriz (6-0), dous representantes de Narón cortaronlle o camiño hacia as medallas, Samuel Basanta, que finalmente foi plata, co que perdeu en semifinais (6-0), e Anxo Grandal, co que perdeu na loita polo bronce por un axustado 6-4.
En Recurvo Senior, Xaquín Mira venceu en oitavos de final a Alejandro Villares, 6-0, pero perdeu co ferrolán Aquilino Martínez, que acabou bronce, en cuartos, no desempate (7-5). Carlos Romero non puido facer nada contra o primeiro clasificado das eliminatorias, o ferrolán Iván Castro (6-0).
Outras medallas da comarca neste torneo, ouro para o naronés Alberto Blázquez en Composto Senior, e ouro tamén para Jennifer Bartucca (Ferrol) en Recurvo Junior. Ramona Vidal e Monserrat Vila, ambas do Narón foron ouro e plata en Composto Senior.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e Gema Buitrón.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios