RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

64

O equipo feminino perdeu en Arteixo ante o terceiro clasificado, o gran Pastoriza, por 1-0, nun encontro no que as de Salido estiveron moi ben defensivamente pero seguiron adoecendo da carencia de xogadoras de referencia no ataque. Xogaron Leti, Yaiza, Silvia, Jani, Mireia (Andrea Pita 54´), Clara, Lara (Antía 75´), Chipy (Cris Moirón 45´), Lía (Alba 45´), Carlota e Carliña (Andrea Cabarcos 75´), no encontro disputado no Campo de Oseiro, arbitrado polo colexiado Fernando Rodríguez Rodríguez e decantado a favor das locais cun tanto de Cristina Oreiro. A semana que vén as azuis xogarán en casa ante o Puebla, equipo ó que derrotaron na primeira volta, 0-6. Son sextas con 19 puntos. (Xentileza de Emma).
femenino_001.jpg


femenino_001.jpg
femenino_001.jpg
Moi boas novas nos chegan desde Ferrol coa victoria do segundo equipo do As Pontes ante o Bertón por 3-4. Agora mesmo son segundos con 37 puntos, a tres do Miño e tres por diante do Caranza que ten un encontro menos. O San Mateo é cuarto con 31. Época de visitas no equipo azul que a semana que vén xogará en Narón ante o complicado quinto calsificado, o Estrella, e a seguinte en Ferrol ante o Ánimas. Precisamente o As Pontes non volverá a xogar en casa ata a última semana de Febreiro na que recibirá ó actual líder, AD Miño. Marcaron Adrián Criado (2), Pedro e Mourín.
O Xuvenil de Liga Nacional caeu derrotado 4-1 en Nigrán ante o Val Miñor, anque a pesar do resultado o corpo técnico quedou moi satisfeito co rendemento do equipo. Nos últimos minutos da primeira metade os locais marcaron dous goles, pero no segundo tempo Kilian recurtaba distancias. Nun penalti inexistente, os de Nigrán poñíanse 3-1. O recentemente fichado do Racing de Ferrol de División de Honra, Dani, tivo dous mans a mans co gardamallas do Val Miñor, pero non soubo resolver. No último minuto os de Nigrán anotaban o 4-1 definitivo. Os discípulos de Carballo son quintos pola cola con 16 puntos e a semana que ven recibirán ó Deportivo e esperan ver o campo cheo.
O Xuvenil de Liga da Ría mantivo o liderato e aguantou a presión, pois os seus catro rivais directos gañaron no día de onte, pero os de Javi souberon sacar o seu compromiso adiante, anque non foi sinxelo porque o San Sadurniño non puxo as cousas doadas. Adiantaronse cun tanto de Manu e xa nas postrimerías marcaron Hugo, de penalti, ante o que nada puido facer o porteiro da selección de Ferrol Iago Montero, e Capela, que acababa de saír, tras unha gran xogada do cadro local. Se a competición de Primeira División é un binomio entre Barcelona e Real Madrid, na Liga Local deste ano podemos ver un interesantísimo duelo entre catro grandes equipos separados por apenas dous puntos, As Pontes e Cedeira, 42, Ánimas e Perlío, 41, con Narón acechando con 38 puntos. Xogaron Alex, Isma López, Rubén, Diego, Simón, Hugo, Santalla, Manu, Javi, Jacobo e Sergio Criado. No segundo tempo entraron Krikry, Juancito, Marcos, Lechuga e Capela. A semana que ven visitan ó complicado campo do Ortigueira.
xuvenilb_001.jpg
xuvenilb_001.jpg
xuvenilb_001.jpg
xuvenilb_001.jpg
xuvenilb_001.jpg
xuvenilb_001.jpg
xuvenilb_001.jpg
xuvenilb_001.jpg
xuvenilb_001.jpg
xuvenilb_001.jpg
xuvenilb_001.jpg
xuvenilb_001.jpg
xuvenilb_001.jpg
xuvenilb_001.jpg
xuvenilb_001.jpg
xuvenilb_001.jpg
xuvenilb_001.jpg
xuvenilb_001.jpg
xuvenilb_001.jpg
Brillantísimo o equipo cadete que foi capaz de gañar ó coco da Liga, o Galicia de Caranza. Nun encontro no que os de Iván Rodríguez foron todo gañas e ilusión, adiantaronse na primeira metade por medio do gran capitán Alberto López Santalla “Tiny” (foto). No segundo tempo Aldrey estivo magnífico parando un penalti, pero aínda así os ferroláns empataron por medio de Pablo. Outra vez Tiny marcaba de penalti o 2-1 definitivo e merecido que mete ós azuis na pelexa polo difícil título, nunha Liga tan sumamente competida, os ferroláns seguen líderes con 36 puntos, un Ortigueira en alza é segundo con 34, e o As Pontes é terceiro con 33, e Eume, Meirás e O Val tamén están na zona alta. Xogaron Aldrey, Gonza, Guino, Marcos, Capela, Álvaro, Tiny, Alberto, Lucho, Galego e Keko. No segundo tempo entraron Pablo, Adrián, Esteban e Diego Filgueiras. A semana que vén xogan en Ferrol contra o San Pedro.
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
Moi ben tamén o infantil de Marco Roca que venceu en Ortigueira 0-4, pero lamentaron o bo triunfo do gran líder Narón en casa do cuarto clasificado Caranza 3-6, o que os mantén unha semana máis en cabeza con 37 puntos, dous por encima do As Pontes. Marcaron un maxistral Brais Balnco, que fixo tres, e Hulk, de gol olímpico, directo de córner, o segundo da tempada. A semana que vén xogan en casa contra o quinto, Racing San Pedro.
O resultado máis triste da xornada prodúxose no partido do Alevín A, que empatou en casa 3-3 ante o oitavo clasificado, Racing San Pedro, que empatou nos últimos minutos e dous puntos con sabor a Liga fuxiron do Campo do Poboado. Os de Rebolo seguen líderes, pero o Eume púxose a so catro puntos, a un en caso de gañar ó Barallobre. No que queda de Liga os azuis terán tres partidazos clave en casa, nos que agardan saír victoriosos e contar co apoio do público, nas vindeiras semanas contra Eume, Caranza e Portuarios. Marcaron Josiño (2) e Esteban. A semana que ven xogan fora contra o Val B.
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
Moi ben o Alevín B que gañou 3-5 en O Val, son sextos con 23 puntos e a semana que ven teñen a visita do EFR Ferrol, quinto clasificado. Goles do habilidoso Bruno (2), o gran central Sergio Otero (2) e Alex Barro.
Xenial o Benxamín A que gañou 3-5 na casa do quinto clasificado, o Ánimas B, e segue terceiro con 27 puntos. No duelo de líderes, o Val B derrotou a Racing de Ferrol B por 5-4 e practicamente sentencian a Liga, pois os de Narón, que a semana que vén visitan As Pontes, xa suman 36 por 30 dos ferroláns, cos que teñen o goal avergae a favor. Marcaron Jose (2), Chema, Antón e Javi.
Non lle foron tan ben as cousas ó benxamín B que perdeu en casa 0-6 co Ánimas e seguen oitavos con 10 puntos. A semana que vén van a Ferrol a xogar contra o San Pedro, que está un posto por riba dos azuis.
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
No Prebenxamín A, partidazo entre o Galicia de Mugardos, séptimo, e o As Pontes, que finalizou co resultado de 6-5 a prol dos verdes. Os azuis son quintos con 22 puntos. A semana que ven reciben ó líder Galicia de Caranza.
Pra rematar, derrota dos máis noviños do Prebenxamín B, 0-6 ante o Galicia de Caranza C. A semana que ven xogan en O Val contra o segundo clasificado.
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios