PRIMEIRA NACIONAL B DE FÚTBOL SALA: VENTORRILLO – O ESTEO (3-6)

23

Vitoria do Esteo na casa do Ventorrillo coruñés (3-6) en partido da primeira nacional B disputado no polideportivo do Ventorrillo ante uns cen espectadores. Ó descanso os ponteses xa gañaban por tres goles a un.
O Esteo segue na súa boa racha ó gañar a domicilio ó Ventorrillo, equipo que vencera nas Pontes na primeira volta do campionato. Os ponteses sumaron tres importantes puntos que o manteñen en postos de privilexio, concretamente na segunda posición empatado a puntos co Vilamartín e a catro do líder Bembrive, de Vigo. En canto ó partido, sinalar que a primeira parte estivo moi igualada, pero sería o Esteo o que máis acerto tivo de cara ó gol remontando o gol inicial dos coruñeses con tantos de Rubi, Fran e Noé. A segunda parte foi de claro dominio do conxunto pontés, que defendeu ben a súa vantaxe e incluso incrementouna con outros tres tantos do goleador Rubi, autor de catro goles do seu equipo. A competición paralízase dúas semanas reemprendéndose o 12 de febreiro, xornada na que o Esteo recibe no pavillón municipal da Fraga ó Ribeira de Piquin.
esteo.jpg


VENTORRILLO: Iván, Pablo, Jacobo, Adolfo, Jajo –cinco inicial- Nando, Iago, Quique e Alberto.
O ESTEO FS: Javichu, Santi, Anxo, Gerardo, Noé –cinco inicial- Rubi, Fran, Pelu, Pellón e Roi.
ÁRBITROS: Fiaño López e Paz Fraga, da Coruña. Tarxeta amarela a Santi, do Esteo.
GOLES: Min. 4 (1-0), Jajo. Min. 15 (1-1), Rubi. Min. 18 (1-2), Fran. Min. 19 (1-3), Noé. Min. 26 (2-3), Adolfo. Min. 27 (2-4), Rubi. Min. 32 (2-5), Rubi. Min. 36 (2-6), Rubi. Min. 39 (3-6), Jajo.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios