RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

72

Non foi o mellor fin de semana nin moito menos pra o Clube Deprotivo As Pontes, pois todos os seus conxuntos perderon, agás o feminino, o cadete e o Alevín A.
Pra comezar, derrota do equipo de Terceira División na Estrada ante o Estradense por 2 a 0. Os azuis seguen na novena posición con 31 puntos, agora mesmo, doce por riba do descenso, anque aínda queda moita Liga e o fin de semana que vén visita O Poboado o todopoderoso Racing de Ferrol, boa ocasión pra encher o campo.
infantil_0001.jpg


Malas novas nos chegan tamén desde Narón coa derrota do segundo equipo pontés ante o Estrella por 3-1. O Galicia de Caranza, segundo, venceu 2-1 ó Miño, líder. Os ponteses son terceiros con 37 puntos, a 3 do Miño e empatados cos ferroláns, en zona de ascenso pois teñen 6 de ventaxa sobre o San Mateo que hoxe perdeu co Bemantes. Aínda lle quedan dúas visitas ó As Pontes (Ánimas e Narahío) antes de recibir ó Miño e agardemos que isto aconteza co maior número de puntos posible no casilleiro.
Tampouco nos chegan novas moi alentadoras desde as maravillosas terras de Ortigueira onde hoxe o xuvenil B perdeu 1-0 e deixou tres puntos na súa pelexa polo título de Liga. No duelo de cabeza o Ánimas venceu 3-2 ó Cedeira e consolidase no liderato con 44 puntos, empatado co Perlío, pero cun partido menos, con 42 quedan As Pontes e Cedeira e incluso se suman á pelexa Narón con 39 e Cebarca con 36. A semana que vén, o domingo, as 11:00, partido clave contra o Perlío, hai que facer un esforzo e acudir a animalos.
Moi boas novas nos trouxeron os cadetes desde Ferrol, gañaron, con sufrimento, pero tres puntos importantes, 3-4 contra o San Pedro, goles a pares de Adrián e Tiny. A semana que ven visitan ó Miño e agardan conseguir os tres puntos. Son segundos con 36, a tres de Caranza e dous por diante de Ortigueira e Eume.
Se a semana pasada foi o San Pedro o que lle deu un susto ó equipo alevín esta semana levou os tres puntos tras gañar ó As Pontes infantil por 1-2, tanto de David Rey. Os locais deixaron escapar boa parte das súas poucas opcións de ser campións de Liga tras caer ante o quinto clasificado. O Narón é líder con dous puntos de ventaxa e un partido menos, o que ten que xogar ante o Ortigueira que moi probablemente gañará e os azuis aínda teñen que visitar o campo do Cadaval. A semana que vén descansan.
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
Unha das poucas alegrías da xornada deuna o Alevín A, que gañou 0-11 en O Val, tantos de Josiño (4), Andrés (3), Antón (2), Adrián e Jorge. Os azuis son líderes con 37 puntos, catro por riba do Eume que ten un partido menos, o eterno partido aprazado. Este sábado teñen un partido moi importante contra o quinto clasificado, o Caranza, tamén necesitan o calor do público.
O Alevín B perdeu 1-4 contra o quinto clasificado, o EFR Ferrol, e marchan séptimos con 23 puntos, descansando a semana que vén.
O Benxamín A tiña este sábado a visita do líder, que pasou polo Poboado como un venda Val, e gañou 0-6. Os azuis marchan terceiros con 27 puntos, a 6 do Ferrol B e a 12 do Val B, que en cuestión de calidade, ambos están dous peldaños por riba do resto de conxuntos. A semana que ven van a Neda a xogar contra o Rápido.
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
O Benxamín B perdeu 9-1 contra o Racing San Pedro, e continúa oitavo con 10 puntos. Este sábado reciben ó Eume.
O Prebenxamín A foi outro dos equipos que esta semana recibiu no Poboado ó líder, Galicia de Caranza, e perdeu 1-6, siguen quintos con 22 puntos, e pra o sábado que vén visitan a un rival un pouco máis doado que os ferroláns, o Rápido de Neda.
prebenxaminA_0001.jpg
prebenxaminA_0001.jpg
prebenxaminA_0001.jpg
prebenxaminA_0001.jpg
prebenxaminA_0001.jpg
prebenxaminA_0001.jpg
prebenxaminA_0001.jpg
prebenxaminA_0001.jpg
prebenxaminA_0001.jpg
Por último, os máis noviños do Prebenxamín B perderon 8-0 en O Val e a semana que vén xogarán no Poboado ante o Portuarios.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios