SEGUNDA AUTONÓMICA FEMININA: CD AS PONTES 4 PUEBLA 0

34

Victoria do equipo feminino por 4-0 no partido disputado hoxe á tarde no campo anexo de O Poboado “Jose”.
Visitaba As Pontes o Puebla da Pobra do Caramiñal e a pesar de ser o derradeiro clasificado amosou ser un equipo máis que digno e plantou cara os 90 minutos.
E de feito ás locais, habituadas a ausencia dunha referencia en ataque costoulles anotar o primeiro gol, a pesar dos múltiples intentos, a destacar unha ocasión de Clara no 21´.
Pero os 10 últimos minutos do primeiro tempo foron de Carlota, no 36´ caeulle un balón solto e sin pensalo dúas veces marcou por alto de forte disparo e abriu a lata. No 40´ unha defensa visitante mide mal e arrolla á extremo pontesa, pero o colexiado, con demasiada condescendencia, non pitou un penalti que era clarísimo a todas luces. Dous minutos máis tarde nunha internada por banda, regatea a catro rivais pra acabar mandando un zapatazo que se colaba pola escadra pero a boa intervención de María desvía o balón a córner.
aspontes_puebla-0001.jpg


No segundo tempo puxose o encontro de cara co gol de Chipy (57´) que se internou por banda e o seu disparo, con suspense, ó final acabaou entrado. No 67´ tras un maxistral pase en profundidade de Carlota, a multiusos da galega Yaiza marcou ben de tiro cruzado ante a saída da porteira. E no 79´ outra vez Yaiza foi protagonista, dispara a porta e cando o balón está a piques de entrar unha gran Janira marca tirandose en plancha. Tamén destacar unha ocasión de Cris Moirón.
En definitiva tres puntos moi necesarios pra o equipo feminino, que a falta de cinco xornadas pra que remate a Liga suma 22 puntos, está na sexta posición, a semana que vén visita ó complicado Milagrosa, na seguinte recibe ó líder Orzán B, logo descansa, na penúltima xornada desprazase a Tordoia pra rematar a Liga no Poboado ante o outro equipo da Pobra, o Crocha.
CD AS PONTES 4. Leti, Sabela, Mireia, Jani, Silvia, Clara (Carliña 59´), Lara, Alba (Lía 69´), Chipy (Cris Moirón 59´), Carlota (Janira 69´) e Patri Rochela (Yaiza 53´).
PUEBLA. María, Laura, Andrea, Lorena, Cristina, Leticia, Lía, Ana, Laura, Ana, Quing.
Campo e incidencias: Campo Anexo de O Poboado “Jose”. Uns 50 espectadores en partido correspondente á 17ª xornada.
Goles: 1-0, Carlota (36´), 2-0, Chipy (57´), 3-0, Yaiza (67´), 4-0, Janira (79´).
Árbitro: Carlos Fernández Martínez (Ferrol)
aspontes_puebla-0001.jpg
aspontes_puebla-0001.jpg
aspontes_puebla-0001.jpg
aspontes_puebla-0001.jpg
aspontes_puebla-0001.jpg
aspontes_puebla-0001.jpg
aspontes_puebla-0001.jpg
aspontes_puebla-0001.jpg
aspontes_puebla-0001.jpg
aspontes_puebla-0001.jpg
aspontes_puebla-0001.jpg
aspontes_puebla-0001.jpg
aspontes_puebla-0001.jpg
aspontes_puebla-0001.jpg
aspontes_puebla-0001.jpg
aspontes_puebla-0001.jpg
aspontes_puebla-0001.jpg
aspontes_puebla-0001.jpg
aspontes_puebla-0001.jpg
aspontes_puebla-0001.jpg
aspontes_puebla-0001.jpg
aspontes_puebla-0001.jpg
aspontes_puebla-0001.jpg
aspontes_puebla-0001.jpg
aspontes_puebla-0001.jpg
aspontes_puebla-0001.jpg
aspontes_puebla-0001.jpg
aspontes_puebla-0001.jpg
aspontes_puebla-0001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios