PRIMEIRA TERRITORIAL GALEGA: CR FENDETESTAS 0 IVECO UNIVERSIDADE VIGO RC 22

24

O Fendetestas segue tocado, e tampouco puido co Vigo R. C., que o derrotaba no Monte Medulio por 0-22.
Os ponteses, sabedores de que tiñan que sorprender axiña ó seu rival, se querían ter opcións, cun equipo, unha vez máis moi mermado polas baixas, saíron moi forte, e puxeron o oval na 22 dos visitantes, que se defendían moi ben.
Logo duns primeiros vinte minutos con domínio territorial e na posesión, os da casa marraron as ocasións que tiveron de poñerse por diante en golpe de castigo.
fendetestas_01.jpg


Foi ós 25´, nunha contra, na primeira aproximación dos vigueses, cando estes facían a súa primeira marca, que lles daba a avantaxe de 0-5.
De aquí ó descanso foi un quero e non podo dos verdes, que facían moito dano coa presión á tres cuartos rival, pero faltoulles, como está a acontecer esta tempada, efectividade nos últimos metros.
A tan só un minuto do descanso, o equipo olívico fixo o segundo ensaio nun golpe sacado rápidamente á man, que sorprendeu ós da casa.
Na reanudación, véndose abaixo no marcador, o Fendetestas tentou xogar en todo momento, pero non puido facer nada diante dun rival superior.
Os de As Pontes desperdiciaron as ocasións que xeneraron perto da liña de ensaio rival, e optaron por xogar á man os golpes dos que puideron sacar puntos, na busca, cando menos do bonus defensivo.
Un novo ensaio do Vigo ó cuarto de hora do segundo período, desta vez transformado puxo o 0-17 que os deixaba a unha marca do bonus por catro marcas, pero co partido definitivamente decantado.
Logo, cos trocos introducidos nos visitantes, con homes de refresco, o físico dictou sentencia, e o Fendetestas, cos quince homes que lle quedaban sobre o campo, logo de retirarse Huesy, por lesión, só puido combatir ata o último minuto sen sacar nada do esforzo realizado, e no tramo final encaixaban o cuarto ensaio que rematou por deixar o tanteador en 0-22.
Xogaron Moncho, Lois, Xose, Alberto, Rayito, Miguel, Letri, Toño, Claudio, Kiko, Antón, Pablo, Carrete, Victor, Huesy (Kike 41´).
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
fendetestas_01.jpg
Nova cortesía de Xóse Cendán, Xóse Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios