David Rochela, elixido no Premios Fútbol Draft 2011

29

O futbolista pontés David Rochela Calvo foi seleccionado por quinta vez consecutiva, a que será a última por idade, na lista definitiva dos 132 xogadores máis prometedores do fútbol español. En 2007, cando so había xurado foi elixido terceiro unhas semanas despois de quedar Campión de Europa sub17. En 2008 xa se introduciron as votacións do Marca, nas que Roche foi terceiro por detrás de Piqué e Domínguez. Ese mesmo ano Adrián López conseguiu o doblete de ouro (xurado Fútbol Draft e votos Marca), un Adrián que esta fin de semana xogou o seu segundo encontro en Inglaterra na FA Cup no Bolton 0 Wigan 0. En 2009 Rochela quedaba segundo nas votacións do xurado, por detrás de Jorge Pulido, e gañaba nas votacións do Marca ó ser o xogador máis votado cun 74%. O ano pasado, en 2010, nun novedoso sistema de votacións so se soubo que o xogador máis apoiado polo público foi o central do Athletic de Bilbao de Primeira División Mikel Sanjosé.


Entre os rivais de Rochela para este ano no seu posto, hai que destacar a Marc Bartra, que xa debutou co Barcelona de Guardiola, os prometedores e polivalentes Jonás e Derik, o internacional sub17 Arroyo, o internacional sub19 Sergi Gómez, o compañeiro de Roche no centro da zaga nas finais do Europeo e Mundial Sub17, Sergio Rodríguez, todo pundonor o talaverano, irmán do dianteiro do Celta David Rodríguez. Tamén destacar a presencia do outro defensa xurdido da gran factoría de centrais de Abegondo, como o internacional sub17 Uxío ou o sub16 Roberto, neste caso, Pablo Insua, internacional español sub19 con un ano menos e pretendido polo Manchester City.
As votacións en un principio comezan nas vindeiras semanas, pero nesta ocasión non serán no Marca senon en EA Sports.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios