Dous ponteses coa selección. Galicia Sub18-Montañeros-3-0

23

Nun día máxico para eles, os xogadores ponteses Alex Cabarcos e Juan Prieto xogaron onte coa selección galega sub18 no partido amigable disputado en Elviña ante o Montañeros de División de Honra.
Os dous actuaron na primeira metade, Alex, co 11 nas costas fíxoo no lateral esquerdo, e con boas incorporacións ó ataque, e Juan, co 12, de medio centro defensivo, tranquilo, seguro e distribuíndo ben o xogo.
Os goles do encontro foron obra do pontevedrés Javi Pazos, de vaselina, David Remeseiro, que marcou ó seu equipo, e o ex internacional español sub17 Iago Beceiro, que debutou co Depor en Copa, de falta.
Despois desta sensacional experiencia, os dous volven coas forzas renovadas para axudar ó seu equipo a intentar vencer ó Chantada o próximo sábado.
DSC03762.jpg


DSC03760.jpg
Nova Cortesía de Carliña Da Silva

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios