Nota de prensa BNG: O paro no Concello das Pontes increméntase moi por riba da media estatal e nacional

27

Os datos do mes de xaneiro, con 1.035 parados/as, reflicten que estamos ante o maior número de parados/as dos últimos seis anos
As Pontes, 2 de febreiro de 2011.- Namentres o incremento do paro a nivel estatal foi do 3,19% e a nivel galego do 3,59%, no caso de As Pontes esta porcentaxe elevouse ao 11,5%.
Desde que o PSOE está no Goberno Municipal de As Pontes (xuño do ano 2007), o paro ten medrado nun 79%.
Mais unha vez, temos que lembrar as repetidas promesas electorais do actual Alcalde que chegou a ofertar a creación de 1.500 postos de traballo; porén, a realidade e que imos camiño desa cifra pero neste caso na destrución de emprego.
Somos conscientes que estamos diante dunha importante crise económica, mais tamén hai decisións políticas que provocan a perda de emprego en As Pontes; como son:
O apoio e a colaboración coa Xunta do PP para anular o Plan Galego de Reactivación para As Pontes e Cerceda posto en marcha pola Consellaría de Innovación e Industria nacionalista, que implicaba un investimento de máis de 75 millóns de euros nas dúas comarcas mineiras, no período 2007-2012.


A paralización do PXOM e a interferencia do chamado Parque Tecnolóxico que dificultan nestes momentos críticos o desenvolvemento de solo industrial en Penapurreira.
O desleixo en xestionar infraestruturas subvencionadas polo Plan do Carbón, de feito este Plan que ten vixencia entre os anos 2006 e 2012, a día de hoxe aínda non ten feito un só investimento no noso Concello, como vén de recoñecer nunha resposta parlamentar ao BNG o Goberno do Estado.
Asemade este escenario negativo aínda pode empeorar coa aplicación do Decreto do Carbón, tamén responsabilidade política do PSOE.
Namentres, desde o Goberno Municipal vívese obsesionado en agochar a realidade, presionando para que non haxa ningún tipo de protesta ou mobilización social que afee os anuncios (moitos sen consistencia) sobre o asentamento de novas empresas. Prefírese a propaganda á realidade.
E a realidade é que ter máis de 1.000 parados/as nun pobo como As Pontes é o maior e principal problema.
Bloque Nacionalista Galego – As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios