GEMA BUITRÓN CAMPIONA DE ESPAÑA

52

Sensacionais noticias as que nos acaban de chegar desde Zaragoza, localidade na que hai uns minutos a arqueira pontesa Gema Buitrón Cortiñas se acaba de proclamar Campiona de España de Tiro con Arco en Sala. Este é o terceiro título estatal absoluto para Gema, que en 2009 conseguiu o doblete ó gañar tanto en sala como o aire libre. O ano pasado foi medalla de bronce nas dúas modalidades.
O Campionato comezou onte coas roldas clasificatorias, nas que Gema foi segunda con 558 puntos, primeira a balear Beatriz Cabrero, a gran noticia deste campionato, a compañeira de selección de Gema volveu á alta competición tras estar un ano lesionada. E fíxoo pola porta grande obtendo a mellor puntuación, 561 puntos. A campiona do ano pasado, a tamén balear Magali Foulón foi terceira con 544 puntos e a prometedora naronesa Iria Grandal foi cuarta con 542. Sorprendentemente non estiveron neste torneo dúas arqueiras da talla de Helena Fernández ou Irene Delgado.
GEMA.jpg


Hoxe sábado xa foron as a roldas eliminatorias. En oitavos de final Gema quedou exenta tras obter unha das mellores puntuacións o venres. Entrou en competición en cuartos de final, e os nervios a piques estiveron de xogarlle unha mala pasada pois tivo que gañar no desempate a representante valenciana Marta Martín Pérez (7-5). Nesta rolda caeron contra todo pronóstico Grandal e Foulón, ante Mayi Sunsundegui (5-7) e Julia Piquer (4-6).
En semifinais venceu con comodidade á catalana Piquer (7-1), mentres Sunsundegui seguía deixando favoritas polo camino ó vencer a Bea Cabrero (6-4).
Nas finais, na loita polo bronce Cabrero vencía a Piquer e colgabase un metal que lle sabe a ouro tras estar tanto tempo sen competir nin saber tan sequera si tería que deixar o mundo do tiro con arco. Na final polo ouro Gema estivo soberbio e terminou co soño da andaluza Sunsundegui ó derrotala por un contundente 6 a 0.
En definitiva, brillante triunfo dunha Gema Buitrón que hai unas semanas gañou o Campionato Galego no Barco de Valdeorras, e encara da mellor maneira posible este 2011 tan decisivo de cara a aspirar á poder estar en Londres 2012.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios