LIGA NACIONAL XUVENIL: CD AS PONTES 1 SD CHANTADA 1

32

Empate a un no encontro disputado hoxe no Campo Jose entre o As Pontes e o Chantada nunha tarde primaveral.
Nos 20 primeiros minutos os visitantes achegaronse con moito perigo e nunha internada por banda o interior dereito marcou de tiro cruzado. Incluso puideron meter algún gol máis os lucenses. A ocasión máis clara pra o As Pontes correu a cargo de Marcos no 40´, pero mandou por alto.
aspontes-chantada_01.jpg


Na segunda metade houbo dominio alterno pero nos últimos minutos apretaron os locais que se achegaron con perigo por medio dos revulsivos Dani e Kilian, e tamén Javi.
Pero no 82´ semellaba que todo estaba perdido trala expulsión rigurosa de Juancito.
Aínda asi, co marcador en contra e cun menos, nunha xogada por banda dereita o balón acaba nos pes de Marcos que, como xa pasou a semana pasada, co instinto dos dianteiros, estaba onde tiña que estar e en boca de gol empatou no 85´.
Incluso pouco despois puido remontar Dani pero o seu disparo marchou por alto (87´). O partido rematou en táboas, e dada a situación, o mal menor.
Con moitas posibilidades de que este ano descendan cinco equipos, o As Pontes a esta hora é cuarto pola cola, con 17 puntos, e a semana que ven vai a Ourense a xogar co perigoso Pabellón, terceiro clasificado, e que está loitando polo ascenso, o día 20 recibirá ó Ural coruñés nun duelo directo.
Carballo xogou con Julián, Xabi Pellón, Isma Prieto, Toti, Abeás, Juancito, Alex Cabarcos (Beto 91´), Chungui (Kilian 45´), Javi, Guille (Dani 45´) e Marcos.
aspontes-chantada_01.jpg
aspontes-chantada_01.jpg
aspontes-chantada_01.jpg
aspontes-chantada_01.jpg
aspontes-chantada_01.jpg
aspontes-chantada_01.jpg
aspontes-chantada_01.jpg
aspontes-chantada_01.jpg
aspontes-chantada_01.jpg
aspontes-chantada_01.jpg
aspontes-chantada_01.jpg
aspontes-chantada_01.jpg
aspontes-chantada_01.jpg
aspontes-chantada_01.jpg
aspontes-chantada_01.jpg
aspontes-chantada_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios