TERCEIRA DIVISIÓN: CLUBE DEPORTIVO AS PONTES 2 RACING DE FERROL SAD 2

27

Reparto de puntos no partido xogado na tarde de hoxe entre ponteses e ferroláns nun Campo do Poboado que rexistrou unha das mellores entradas en moito tempo.
O As Pontes recibía a visita do mellor plantel da categoría, pero fixeron un gran partido os locais e nada máis comezar puideronse adiantar cando David Amado quedou so ante o porteiro pero Paco rexeitou o balón. Pero non tardaría o Racing en avisar, nun saque maxistral de falta do talentoso Pablo Rey, a pesar da boa estirada de Kiko, o balón vai ó longueiro (8´). Un minuto máis tarde, adiantanse os verdes, Poratti dende banda dereita coloca un pase inmellorable e Céspedes chegando desde atrás e en posición franca marca pola escadra. No resto da primeira metade o xogo ralentizouse e o Racing contemporizou un pouco, pero no 36´ chegaba o empate dos azuis nun gran saque de falta saído da bota de seda de Bossa, o polivalente Schuster cabecea perfecto e Paco non pode facer nada.
aspontes_racing_01.jpg


No segundo tempo o Racing puxo o mono de traballo, e saiu a por todas, no 47´un balón morto acaba nos pes de Poratti dentro da área, pero o arxentino que non a esperaba mandouna por alto. Replicaría o As Pontes nunha gran ocasión do prometedor Amado no 59´, que se revolve ben na área e ante a saída de Paco o seu tiro cruzado marchase lambendo o pau a centímetros do poste. O Racing continuou na busca do gol coa súa innegable calidade pero o As Pontes non perdeu a cara en ningún momento. E no 75´ adiantaronse os azuis que remontaban para ledicia da parroquia local, nun balón rexeitado que vai parar a Schuster, desde fóra da área e sen pensalo manda un disparo cruzado a un Paco que non a espera e o balón acaba no fondo das mallas. Pero pouco durou a alegría na casa do modesto, pois no 79´ sensacional centro desde banda do xogador de Ortigueira Marcos Álvarez e o matador de área Felipe cabecea a gol. Nos últimos minutos ocasións polos dous bandos. Puidose levar o gato a auga o As Pontes, no 88´, brillante pase en profundidade de Vidal, Iván González queda so ante Paco, faille un sombreiro, e con dous defensas baixo paus, fai unha vaselina que se vai a rentes do longueiro. Tamén o Racing no 92´puido levar os tres puntos, nun saque de córner, Kiko mide mal, e o goleador Marcos Suárez que non a agardaba cabecea fóra.
En definitiva, nun partidazo dos que fan afección, reparto de puntos que satisface máis ó bando local, deixando ós ferroláns, segundos con 43 puntos, a 9 do líder Cerceda, recibindo a semana que vén ó terceiro, Ourense, namentres que o As Pontes vai noveno con 32 puntos e a semana que vén visitará a un necesitado Bergantiños.
2 CD AS PONTES. Kiko, Rochela, Jordi, Chote, Diego Piñeiro, Schuster, Iván González, Charlón (Dani Fernández 65)´, Hugo Soto (Carba 82´), Bossa (David Vidal 85´) e David Amado.
2 RACING DE FERROL. Paco, Rafa (Marcos Suárez 76´), Pumar, Aira (Curro Vacas 55´), Roberto, Céspedes, Juan Martínez, Sergio Arias, Felipe, Pablo Rey, Poratti (Marcos Álvarez 58´).
Goles: 0-1, Céspedes (9´), 1-1, Schuster (36´), 2-1, Schuster (75´), 2-2, Felipe (79´).
Árbitro: Landrove Lago (Ferrol). Auxiliado nas bandas por Orozco Corredoira e Pereira Dobarro. Correcto arbitraxe anque por momentos ó colexiado complicaronlle a vida os seus xuíces de liña. Amosou cartón a Rafa, Jordi e Schuster.
Campo e Incidencias: Campo de O Poboado. Uns 800-900 espectadores, moitos visitantes, nunha das mellores entradas en moito tempo. Tarde soleada en partido correspondente á 24ª xornada.
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
aspontes_racing_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios