PRIMEIRA TERRITORIAL GALEGA: CR FENDETESTAS 8 CU OURENSE 31

111

Un mermado Fendetestas despedíu a liga regular na casa cunha derrota fronte ó potente líder da primeira territorial, o Ourense.
Os verdes, malia caeren por 8 – 31 xogaron un partido no que deixaron boas sensacións diante do gran favorito ó ascenso, e máis tendo en conta as circunstancias nas que o afrontaron.
fendetestas_ourense_01.jpg


Comezaban o choque cun xogador menos, pero tan só foi durante os dez minutos iniciais, pois logo Huesy, que xa chegaba tocado, caía lesionado ós 10´ e por diante quedaban 70´ con dous homes menos no campo.
Sabedores de que as súas únicas opcións pasaban por acadar algo neste arranque, antes de que as forzas fallasen, os de As Pontes saíron moi agresivos, conseguiron xogar en campo contrario uns bos minutos pero sen premio no marcador.
Pola contra, os ourensáns, na súa primeira aproximación sumaban o primeiro ensaio para tomar ventaxa.
Un golpe de castigo de Kiko achegaba os números a un 3- 5, anque seguidamente chegou a segunda marca dun equipo visitante que, cada vez que pisaba a 22 local estabilizaba o seu ataque para xogar agardando a superioridade.
Por se as desgracias non fosen dabondo Rayito sería expulsado deixando ó equipo de As Pontes con tres homes menos no campo.
Con 3-17 iríamos ó descanso, coas opcións xa moi limitadas para os locais, e co Ourense buscando a cuarta marca que lle dese o bonus.
Nesa segunda metade, o Fendetestas elixiu xogar os golpes, sen buscar os paus, sabedor de que o encontro era un obxectivo imposible, tentando achegarse o suficiente para facer o punto de bonus defensivo.
A mellor opción veu ós 20´ da segunda parte, en plena fase de acoso local, optando por xogar a touch un golpe de castigo, e tras varias fases de dianteira, melés e un golpe de castigo, tiveron que irse sen puntos.
O Fendetestas, malia recibir tres ensaios máis seguiron buscando a súa marca ata o último minuto, e a pouco máis de cinco para o remate, Toño pousaba o oval na zona de marca rival logo dunha acción en touche.
Agora os ponteses terán case un mes para preparar o último partido da liga regular, en Pontevedra, algo que lles debe servir para recuperar efectivos nesta tempada que resultou nefasta en canto ás lesións.
Xogaron Kiko, Moncho, Xose, Miguel, Rayito, Toño, Rafa, Huesy, Paul, Antón, Victor, Robert, Kike e Pablo.
fendetestas_ourense_01.jpg
fendetestas_ourense_01.jpg
fendetestas_ourense_01.jpg
fendetestas_ourense_01.jpg
fendetestas_ourense_01.jpg
fendetestas_ourense_01.jpg
fendetestas_ourense_01.jpg
fendetestas_ourense_01.jpg
fendetestas_ourense_01.jpg
fendetestas_ourense_01.jpg
fendetestas_ourense_01.jpg
fendetestas_ourense_01.jpg
fendetestas_ourense_01.jpg
Nova cortesía de Xose Cendán e Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios