O pontés Miguel Albariño, medalla de bronce no Campionato de España.

45

Sensacionais noticias as que nos chegan desde a localidade de Puertollano (gracias Gema) onde o arqueiro local Miguel Albariño García conseguiu a medalla de bronce no Campionato de España de Cadetes en Arco Recurvo.


Nas roldas calificatorias Miguel foi 5º con 551 puntos, por detrás de Gabriel Coll (566), Alejandro Gómez (560), Javier González (556) e Miguel Azcue (552). O outro pontés, Jacobo Barros Pernas, obtiña 439 puntos, na 31ª posición, a penúltima das que daban acceso á fase final.
Xa na Fase Final, precisamente Jacobo enfrontouse co segundo clasificado, o madrileño Alejandro Gómez en dezaseisavos de final e caeu derrotado por 6 a 0. Pola súa banda na mesma rolda Miguel vencía ó castelán manchego Carlos Simarro por 6 a 2, en oitavos de final venceu no desempate ó catalán Marc Altarriba Taravilla por 7 a 5. En cuartos de final desfacíase do madrileño Miguel Azcue por 6 a 4, chegando ás semifinais nas que se enfrontaba ó balear e gran favorito Gabriel Coll Roig, co que perdeu 6-2. Na loita polo bronce gañou ó madrileño Javier González por 6 a 2 logrando un sensacional bronce para o Sílex e o tiro con arco pontés. Na final Coll venceu ó andaluz Antonio Cruz (décimo nas calificatorias) por 6 a 4.
Na competición por equipos Galicia (integrada por Albariño, Alejandro Rodríguez e Manuel Conejo) foi 5º por detrás de Baleares, Madrid, Castela León e Cataluña.
Outros triunfos foron os da catalana Anna Costa en recurvo cadete feminino, o catalán Jordi Cubiro e a madrileña Alicia Marín en recurvo infantil e o castelán leonés Alejandro González en composto cadete. Baleares gañou por equipos en recurvo cadete e infantil.  
Nova cortesía de Gema Buitrón e Xose Ferreiro.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios