PRIMEIRA NACIONAL B DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – RIBEIRA DE PIQUIN (8-1)

21

O Esteo pontés acadou unha cómoda vitoria ó golear ó pechacancelas do grupo, Ribeira de Piquin, por oito goles a un. Uns douscentos espectadores nas gradas do pavillón municipal da Fraga.
O Esteo colleitou a maior goleada da temporada ó impoñerse por un claro e contundente 8-1 ante o pechacancelas do grupo galego da primeira Nacional B, Ribeira de Piquín. Os ponteses dominaron de principio a fin ó conxunto lucense, moi distinto ó da copa e o das primeiras xornadas da competición, chegando ó descanso con vantaxe de 3-1, con goles de Rubi, Noé e Gerardo, mentres José acadou o tanto da honra dos visitantes. Na segunda parte a superioridade do Esteo era evidente marcando outros cinco tantos por mediación de Gerardo, Noé, estes por partida dobre, e Santi. O Esteo comparte a segunda posición empatado a puntos co Vilamartín, a catro do líder Bembrive, de Vigo
Meritoria tamén a vitoria a domicilio de Unidade de Fene en Vilamartín de Valdeorras ante un rival directo polo descenso, Pizarras Tres Cuñados. O resultado final foi de 2-3 a prol dos feneses.
A vindeira xornada feneses e ponteses disputarán un partido de rivalidade, no que os de As Pontes tratarán de vingarse da derrota sufrida no pavillón da Fraga na primeira volta da competición, partido que o Unidade de Fene gañou por 2-3.
esteo_1.jpg


O ESTEO FS: Javichu, Anxo, Gerardo, Fran, Rubi –cinco inicial- David, Noé, Santi, Roi, Pellón e Iván.
RIBEIRA DE PIQUIN: Dani, Donino, Quique, Fran, Aarón –cinco inicial- José, Iago e Sebas.
ÁRBITROS: Varela Señaris e Santomil Lapido, de Santiago. Amoestaron a Javichu, Rubi, Noé, do Esteo, e ó visitante Sebas.
GOLES: Min. 1 (1-0), Rubi. Min. 6 (2-0), Noé. Min. 13 (3-0), Gerardo. Min. 19 (3-1), José. Min. 21 (4-1), Gerardo. Min. 22 (5-1), Gerardo. Min. 23 (6-1), Noé. Min. 28 (7-1), Santi. Min. 39 (8-1), Noé.
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios