ALEX CABARCOS CONVOCADO POLA SELECCIÓN GALEGA SUB18

32

ALEX_CABARCOS.jpgO futbolista pontés Alex Cabarcos Souto foi convocado por segunda vez coa selección galega sub18 para outro encontro amistoso de adestramento, neste caso, o que se disputará o vindeiro mércores día 23 de febreiro, ás 17:00, en Villestro (Santiago) nun partido que os enfrontará ó CD Conxo de División de Honra Xuvenil.
A destacar a convocatoria dos internacionais españois sub17, o dianteiro Denis López, que hai pouco pasou polo Poboado e o lateral dereito Jonathan Castro Otto.
Tamén vai o xogador de Cedeira Alberto Rey e os do Racing de Ferrol Pablo Calviño e Javier Vispo.


A convocatoria completa é a seguinte:
RC Celta de Vigo: Alberto Rey, Jonathan Castro, Alfredo Navarro, Kevin Vázquez
RC Deportivo de A Coruña: Álvaro Lemos, Denis López, Álvaro Queijeiro
Racing de Ferrol. Pablo Calviño, Javier Vispo
Pontevedra CF: Eugenio Cameselle, Adrián Santomé
Montañeros CF: Javier Fuentes, David Remeseiro
CD As Pontes: Alex Cabarcos Souto
Victoria CF: Iván Patiño
Pabellón Ourense: Miguel González
CD Lugo: Isaac Fernández
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios