FÚTBOL VETERANO DE AS PONTES: CAMPIONATO DE LIGA 2010/11

70

Tan só oito goles marcados na décimo sexta xornada do campionato de liga de fútbol veterano das Pontes, na que hai que destacar o segundo punto do campionato logrado por MMYPEN logo do seu empate ante Xuntanza; a derrota de Cafetería Bahía ante o conxunto de Los Bidones e a de Mobles Eume diante de As Pontes 74, equipo que pasa a ocupar a segunda posición da clasificación. O líder Santaballés non o tivo nada doado ante La Galaxia, equipo que ó descanso gañaba por 0-1 e ó final caeu por 3-1 despois de realizar un bo partido.

RESULTADOS 16ª XORNADA
C. Guerreiro – Farmavida (n.x.)
Xuntanza – MMYPEN (1-1)
Santaballés – La Galaxia (3-1)
Los Bidones – C. Bahía (1-0)
As Pontes 74 – M. Eume (1-0)
Descansou: A Cepa

Construcions_Guerreiro_2010-11.jpg


Segue na primeira posición da clasificación o Santaballés, con 38 puntos. Na segunda posición colócase Mobles Eume con 33 puntos, seguido de Mobles Eume, con 32; C. Guerreiro (21), C. Bahía (18) Farmavida, A Cepa e Xuntanza (17), Los Bidones (13) La Galaxia (10) e pecha a clasificación MMYPEN con dous puntos. Teñen un partido menos Santaballés, A Cepa, La Galaxia e MMYPEN, dous menos Farmavida, mentres que C. Guerreiro leva disputados doce encontros.
En canto ós goleadores, continúa na primeira posición Toni, de Mobles Eume, con 18 goles; seguido de Pepe, do mesmo equipo, con 15. A continuación están Fernández (A Cepa), con 12; Carlos Mieres (Santaballés), con 10, e Vila (As Pontes 74) e Manel (Mobles Eume), con 9.

17 ª XORNADA (19/20-02-2011)
M. Eume – C. Guerreiro (19, 19,00)
C. Bahía – Xuntanza (19, 20,00)
MMYPEN – As Pontes 74 (20, 10,00)
La Galaxia – A Cepa (20, 11,00)
Farmavida – Santaballés (20, 12,00)
Descansa: Los Bidones

Veteranos_01.jpg
Veteranos_01.jpg
Veteranos_01.jpg
Veteranos_01.jpg
Veteranos_01.jpg
Veteranos_01.jpg
Veteranos_01.jpg
Veteranos_01.jpg
Veteranos_01.jpg
Veteranos_01.jpg
Veteranos_01.jpg
Veteranos_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios