LIGA NACIONAL XUVENIL: CD AS PONTES 2 URAL CF 1

77

Tres puntos milagrosos os conseguidos hoxe polo xuvenil pontés no último minuto do partido disputado á tarde no Campo Anexo Jose ante o Ural en serán frío e soleado.
Tras unha primeira media hora de dominio alterno e sen moitas ocasións, no 36´ nun sensacional pase en profundidade de Dani, Kilian cede a Chungui que chegando desde atrás manda o balón ó longueiro. Dous minutos más tarde tamén se puideron adiantar os visitantes tras un saque de córner e un cabezazo que parou milagrosamente Julián. Pero no último minuto do primeiro acto, tras un saque de falta Pablo marcaba libre de marca o gol psicolóxico que supoñía un xarro de auga fría pra a parroquia local.
aspontes-ural_01.jpg


Pero no segundo tempo saiu o As Pontes en busca do gol e no 53´ nun saque de falta botado por Chungui, o balón queda morto na área e Dani non desaproveita a ocasión e de tiro cruzado pon as táboas no marcador. Os seguintes minutos foron de dominio dos azuis, con máis corazón que cabeza, pero Dani en tres ocasións e Kilian en dúas non lograron definir.
O derroche pesou nos últimos dez minutos nos que foron superiores fisicamente os coruñeses que fixeron un perigoso disparo e sobre todo no 82´ nunha indecisión entre Julián e Alex e a porta baleira mandaron o balón por alto.
Pero o que son as cousas, despois de tantos sinsabores inxustos ó longo da Liga o equipo pontés tivo o seu chisco de sorte no último minuto, tras un pase en profundidade con control riguroso de Dani, Santalla plantase so ante o porteiro coruñés e non falla dando tres puntos vitais, minuto de gloria pra o ex-xogador do Cebarca, provocando o alboroto dos futbolistas locais e a alegría dos poucos pero fieis seguidores ponteses.
Os de Carballo agora mesmo son sextos pola cola con 20 puntos e a semana que vén visitan ó Lalín, que está algo máis folgado con 29. O As Pontes volve a acadar unha victoria tras conseguir 1 punto dos 15 últimos e sacar algo positivo de terras pontevedresas suporía un paso adiante.
Xogaron Julián, Xabi Pellón, Isma Prieto (Marcos 56´), Totti, Juan Donapetry, Juancito (Guille 50´), Alex Cabarcos, Abeás, Dani, Chungui (Javi 77´) e Kilian (Santalla 77´).
aspontes-ural_01.jpg
aspontes-ural_01.jpg
aspontes-ural_01.jpg
aspontes-ural_01.jpg
aspontes-ural_01.jpg
aspontes-ural_01.jpg
aspontes-ural_01.jpg
aspontes-ural_01.jpg
aspontes-ural_01.jpg
aspontes-ural_01.jpg
aspontes-ural_01.jpg
aspontes-ural_01.jpg
aspontes-ural_01.jpg
aspontes-ural_01.jpg
aspontes-ural_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios