RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

58

O segundo equipo pontés vén de empatar hai uns minutos contra o Narahío (2-2). Caranza (46) e Miño (43) asentanse en postos de ascenso, terceiros están os azuis con 39 puntos, acercase perigosamente o Estrella de Narón con 36, e por fortuna pra os locais San Mateo e Cabanas perderon contra Caranza e Moeche e quedan con 34 e 33 puntos respectivamente. Pra o vindeiro domingo os locais reciben nun partido vital ó Miño no Campo do Poboado.
Xenial o segundo equipo xuvenil que hoxe venceu ó líder Ánimas por 3 a 2, comezaron adiantándose os de Ferrol, pero remontaron os locais 3-1 con goles de Javi (2) e Diego. Pero con tempo por diante nunha xogada moi desafortunada os visitantes poñían o inquietante 3-2 e houbo que sufrir, e moito, ata o final, os ferroláns incluso mandaron un balón ó longueiro, pero nun final bronco conseguiron os merecidos tres puntos os azuis e na clasificación agora mesmo están Ánimas e Cedeira con 51, Perlío 50, Narón 48 e As Pontes e Cebarca 45. A semana que ven xogarán en Aneiros ante o complicado Portuarios. Javi alineou a Alex, Diego, Samu, Beto, Simón (Marcos Otero 88´), Hugo, Santalla (Capela 80´), Manu (Jacobo 86´), Javi (Lechuga 90´), Isma López e Sergio Criado (Darío 67´).
xuvenilb_01.jpg


xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
xuvenilb_01.jpg
Moi ben o xovencísimo segundo equipo feminino que hoxe gañou en Cedeira por 2 a 5. Na primeira metade ían gañando 0-1, e no segundo tempo despois do 0-2 empataron as de Cedeira por medio da súa mellor xogadora, tamén noviña, de 13 anos. Pero as azuis acabaronse impoñendo marcando tres tantos máis. Goles de Janira (2), Laura Permuy, a primísima Patri Rochela e Andrea Cabarcos. A semana que vén visitará o Poboado o complicado equipo do Meirás.
Gran cadete de Iván Rodríguez que venceu en Neda ó Rápido por 4-10, tantos de Lucho (5), Adrián (2), Tiny, Pablo e Marcos. Nunha Liga apretadísima son segundos os azuis igualados a puntos co Caranza, 42, Ortigueira e Eume teñen 40. A semana que vén xogarán no Campo do Poboado contra o sexto, o Val, e tentarán resarcirse da derrota no partido de ida (3-1).
Paso adiante do infantil que gañou 4-0 ó Cedeira e situase líder momentáneo cun punto por riba do Narón que esta semana descansou. A semana que vén xogarán fora co EFR Ferrol B e nas dúa últimas contra Perlío e Portuarios B. Tentarán conseguir un pleno de victorias e que os naroneses pinchen nalgún partido para poder optar á Liga. Goles de Alex Fernández, Diego, Jarel e Nahúm.
infantil_01.jpg
infantil_01.jpg
infantil_01.jpg
infantil_01.jpg
infantil_01.jpg
Quen si deu un gran paso foi o Alevín A que gañou 5-6 en Neda ante o Rápido B, despois de ir perdendo 5-2. Marcaron Josiño (3), Andrés (2) e Adrián. Ademáis saiu ben parado do empate do Eume contra o Caranza B (3-3) e agora mesmo son líderes con 43 puntos, tres por diante dos de Pontedeume, e o Portuarios B sigue acechando con 38. A semana que vén partido decisivo no Poboado ás 10:00, As Pontes-Eume, merece a pena ir velo.
Victoria tamén do Alevín B que gañou 2-0 a un Canido que se presentou con so 6 xogadores. Marcaron Alberte e Bruno pra un As Pontes que agora mesmo ocupa a séptima posición con 29 puntos e a semana que vén xogarán en Valdoviño contra o Meirás.
alevinb_01.jpg
alevinb_01.jpg
alevinb_01.jpg
alevinb_01.jpg
alevinb_01.jpg
alevinb_01.jpg
Sensacional o Benxamín A que gañou 0-8 en Cariño ó séptimo clasificado con tantos de Javi (3), Chema (2), Dani Dasilva, Mateo e Jorge. Seguen terceiros con 36 puntos e a semana que vén xogarán no Poboaodo ante o Narón Balonpé B.
Non tivo o seu día o Benxamín B, tiña dous partidos seguidos contra rivais que ían detrás súa na clasificación, e o da semana pasada resolveuno con 3-4 ante eo EFR Ferrol, pero este sábado o Cedeira gañou en As Pontes, e con solvencia, 0-4.Son oitavos con 13 puntos e a semana que vén xogarán no Cadaval contra o Narón.
benxaminb_01.jpg
benxaminb_01.jpg
benxaminb_01.jpg
benxaminb_01.jpg
benxaminb_01.jpg
benxaminb_01.jpg
Derrota pola mínima do Prebenxamín A en Cedeira, 4-3, tantos de Joan (2) e Adrián.Están na sexta posición con 26 puntos e a semana que vén recibirán ó Narón Balonpe B.
Pra os máis noviños do Prebenxamín B esta foi a xornada que máis preto estiveron de puntuar, caeron 1-3 no Poboado contra o Cedeira, tanto de Alex Montero (foto), e a semana que ven xogarán contra o cuarto, o Narón Balonpé.
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios