TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 ALONDRAS CF 2

95

Victoria do conxunto cangués do Alondras por 1-2 no encontro disputado hoxe á tarde no Campo do Poboado.
Moi ben comezaban as cousas pra os visitantes, cando apenas transcurrido un minuto marcaban tras un centro desde a esquerda que se encargaba de anotar Fran chegando desde atrás. Incluso o conxunto cangués, máis desperto neses primeiros minutos, tivo algunha ocasión máis ata a primeira aproximación pontesa con perigo, un tiro cruzado de Amado no 13´, que xunto a unha falta axustada de Bossa no 45´ foron as ocasións pontesas do primeiro período. Máis traballo tivo Kiko anque sen grandes complicacións.
Nada máis comezar o segundo tempo, no 49´ Schuster cede un gran balón de cabeza a Amado que queda so diante do porteiro, pero controla o esférico coa man. Kiko deulle emoción ó encontro cando no 52´ Jacobo se vai de Chote e salva maxistramente, outra boa ocasión de Jacobo, outra vez só, é desviada a córner in extremis polo gardamallas vivariense (69´). Pero no 74´ semellaba que chegaba a sentencia, cando tras un saque de falta de Jacobo, Chote despexa hacia a súa portería sen pode facer nada Kiko. No segundo tempo, polo As Pontes aproximacións con pouca picardía de Carba por dúas veces, Schuster, e Soto que non acerta a encañonar nunha saída en falso de Marcos. Un halo de esperanza chegou a seis minutos do final cando un centro envelenado de Dani Carballeira acabao metendo pola escadra no seu intento de despexe o defensa Rubén. Pero foi un espellismo porque de ahí ó final os visitantes, que mereceron a victoria, adicaronse a perder tempo e os azuis non crearon máis ocasións.
En definitiva mal partido dun As Pontes que a semana que vén vai a Ordes. Bon sería traer algún punto, anque a nota positiva é que a pesar de complicarse a vida os azuis, a falta de doce xornadas, e confiando no Fabril e Montañeros, están a 13 puntos da zona baixa, pero calquer descenso destes dous reduciría á marxe a nove ou oito.
aspontes_alondras-01.jpg


1 CD AS PONTES. Kiko, Rochela, Jordi, Chote, Piñeiro (Juan 24´), Schuster, Iván González, David Vidal (Hugo Soto 50´), David Amado (Charlón 60´), Bossa, Carba.
2 ALONDRAS. Marcos, Casti, Maceira, Rubén, Toni, Leiro, Roberto (Aitor 71´), Fran, Jacobo, Caloi (Peláez 65´), Mauro (Outeiral 82´).
Campo e Incidencias: Campo do Poboado. Uns 100 espectadores, moitos visitantes, en tarde chuviosa por momentos. Partido correspondente á 26ª xornada.
Árbitro: Alberto Vilariño López (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Patricia Rodíguez e Adrián García. Amonestou a Vidal, Juan, Carba, Jordi, Leiro e Toni.
Goles: 0-1, Fran (1´), 0-2, Chote, en propia meta tras tiro de Jacobo (74´), 1-2, Rubén, en propia meta tras centro de Carba (84´).
aspontes_alondras-01.jpg
aspontes_alondras-01.jpg
aspontes_alondras-01.jpg
aspontes_alondras-01.jpg
aspontes_alondras-01.jpg
aspontes_alondras-01.jpg
aspontes_alondras-01.jpg
aspontes_alondras-01.jpg
aspontes_alondras-01.jpg
aspontes_alondras-01.jpg
aspontes_alondras-01.jpg
aspontes_alondras-01.jpg
aspontes_alondras-01.jpg
aspontes_alondras-01.jpg
aspontes_alondras-01.jpg
aspontes_alondras-01.jpg
aspontes_alondras-01.jpg
aspontes_alondras-01.jpg
aspontes_alondras-01.jpg
aspontes_alondras-01.jpg
aspontes_alondras-01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios