PRIMEIRA NACIONAL B DE FÚTBOL SALA: BEGASUCEGSA U.FENE – O ESTEO FS (6-9)

79

O derbi da Primeira Nacional B de fútbol sala foi para o Esteo das Pontes que venceu no polideportivo da Xunqueira de Fene ó Begasucegsa-U.Fene por 6-9. Un cento de espectadores presenciaron este encontro de rivalidade entre feneses e ponteses.
O partido de rivalidade comarcal entre o Unidade de Fene e o Esteo agradou ós afeccionados que acudiron ó polideportivo da Xunqueira, pois houbo moitos goles e resultou moi competido e moi emocionante ata ó final. A primeira parte foi de dominio pontés, que chegou a poñerse cun 0-3, que acurtaron os locais nos minutos finais antes de chegar ó descanso. A segunda metade estivo máis igualada con alternativas no marcador, xa que os feneses chegaron a poñerse por diante a falta de seis minutos. O adestrador pontés arriscou sacando porteiro-xogador e a táctica saíulle ben logrando remontar o marcador para chegar ó remate do encontro con vitoria do Esteo, quen, logo dos resultados desta xornada, colócase de segundo en solitario, mentres que os de Fene complican a súa situación nos postos baixos da clasificación.
O-Esteo-2010-11.jpg


BEGASUCEGSA-U.FENE: Niceto, Rego, Peque, Queco, Gerveno–cinco inicial- Dani, Borja, Ety e Chetos.
O ESTEO FS: Javichu, Gerardo, Fran, Noé, Rubi –cinco inicial- Anxo, Pelu, Diego, David, Roi e Pellón.
ÁRBITROS: Tojo Ferro e González Cárdenas, de Santiago. Amoestaron a Niceto, Peque, Ety, Javichu e Noé.
GOLES: Min. 7 (0-1), Noé. Min. 11 (0-2), Diego. Min. 15 (0-3), Noé. Min. 18 (1-3), Peque. Min. 19’54” (2-3), Gerveno (penalti). Min. 21 (3-3), Peque. Min. 23 (3-4), Rubi. Min. 27 (4-4), Gerveno. Min. 34 (5-4), Queco. Min. 35(5-5), Rubi. Min. 36 (5-6), Noé. Min. 37 (5-7), Fran. Min. 38 (6-7), Peque. Min. 39 (6-8), Rubi. Min. 39’56” (6-9), Iván.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios