O Concello de As Pontes concederá diferentes bolsas económicas para os deportistas individuais‏

47

[RTVEume] O Concello de As Pontes vai contemplar, por primeiro ano, a concesión de becas de axuda ós deportitas individuais que acrediten os méritos para recibiren unha achega municipal.
Vista a eiva na oferta de axudas ós deportistas que compiten individualmente, o Concello decidía contemplar a figura da subvención a título particular para apoiar o desenvolvemento do seu labor en deportistas que destacan dun xeito particular.


De calquera xeito, esta nova liña de axudas é independente da que se concede anualmente ós clubes nunhas convocatorias que se van manter igualmente.
Onte mesmo, en Xunta Municipal de goberno acordábase esta nova liña de axudas, que ven respostar á necesidade de apoiar a un colectivo cada vez máis numeroso, e máis exitoso de deportistas de disciplinas individuais, dos que todos coñecemeos casos que poñen á nosa vila na primeira liña nas súas respectivas modalidades deportivas.
En menos dun mes espérase acabar cos trámites burocráticos para poder abrir o prazo para a solicitude destas becas, que terán unha contía máxima de mil euros.
Ó mesmo tempo abrirase tamén a convocatoria xeral de subvencións a clubes deportivos da localidade, que seguirán a mesma liña dos últimos anos.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios