FÚTBOL VETERANO DE AS PONTES: CAMPIONATO DE LIGA 2010/11

93

Disputouse a décimo sétima xornada da Liga de Veteranos, na que o máis salientable foi a vitoria do conxunto de La Galaxia dobre A Cepa, un triunfo máis do líder Santaballés sobre un Farmavida que non está tendo a súa temporada. Non se presentou a disputar o seu partido Construcións Guerreiro, polo que por decisión do comité de competición o encontro dase por gañado a Mobles Eume por 3-0.
Despedida a Manolo Rivas
Sinalar tamén que no partido Farmavida-Santaballés gardouse un emotivo minuto de silencio na memoria de Manolo Rivas, xogador do club Farmavida, persoa moi apreciada e moi querida no mundo asociativo e cultural da vila pontesa falecida o pasado xoves. Unha persoa e un amigo a quen todos botaremos moito de menos. O conxunto de La Galaxia portou brazaletes negros na súa lembranza.

RESULTADOS 17ª XORNADA
M. Eume – C. Guerreiro (3-0)
C. Bahía – Xuntanza (2-0)
MMYPEN – As Pontes 74 (0-2)
La Galaxia – A Cepa (4-2)
Farmavida – Santaballés (0-2)
Descansou: Los Bidones

veteranos_01.jpg


Segue na primeira posición da clasificación o Santaballés, con 41 puntos. Na segunda posición está As Pontes 74 con 36 puntos, seguido de Mobles Eume, con 35; e xa moi distanciados C. Guerreiro e C. Bahía (21) Farmavida, A Cepa e Xuntanza, con 17 puntos, La Galaxia e Los Bidones con 13 puntos e pecha a clasificación MMYPEN con un punto.
En canto ós goleadores, continúa na primeira posición Toni, de Mobles Eume, con 18 goles; seguido de Pepe, do mesmo equipo, con 15. A continuación están Fernández (A Cepa), con 12; Carlos Mieres (Santaballés), Vila (As Pontes 74) e Iván Rodríguez (Santaballés) con 10, e Manel (Mobles Eume) e Suso (Santaballés), con 9 goles.

18ª XORNADA (26/27-02-2011)
A Cepa – Farmavida (26, 19,00)
As Pontes 74 – C. Bahía (26, 20,00)
Los Bidones – La Galaxia (27, 10,00)
M. Eume – MMYPEN (27, 11,00)
C. Guerreiro – Santaballés (27, 12,00)
Descansa: Xuntanza

veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios