RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

609

Boa nova, anque con sabor agridoce, a que nos chega desde Ordes onde o As Pontes empatou a 2-2 co equipo local, magoa que os coruñeses empataron nos últimos minutos. Os de Alberto López sitúanse décimos con 36 puntos, a sete do ascenso e, por mor do Deportivo B, a dez da salvación, senón serían catorce. A semana que vén visita o Poboado o Negreira.
O Xuvenil de Liga Nacional acadou un valioso empate en Laín (1-1), comezaron adiantándose os pontevedreses pero Guille igualou e como ningún dos rivais que están por abaixo na táboa clasificactoria conseguiu gañar, agás o Montañeros B, os ponteses manteñen a sexta praza pola cola, a día de hoxe descenden cinco, e a semana que ven necesitarán todo o apoio do mundo porque visita o Poboado o Cultural Areas, que marcha seis puntos por debaixo dos azuis, anque gañar ós de Ponteareas non será doado.
O xuvenil B empatou a cero en Ferrol ante o Portuarios e a semana que vén descansarán por retirada do Cultural Maniños. Lidera o Ánimas con 54, Perlío 53, Cedeira 51 e Narón 48. Os locais son quintos con 46 puntos.
Xenial o cadete de Iván Rodríguez que venceu ó Val por 2-0. O xogador de Cariño Adrián, irmán de Kilian, e David González “Gonza” marcaron e anque no segundo tempo os naroneses buscaron o gol, a zaga local estivo fina, en especial Marcos e Gonza. A pouco do final puido sentenciar Pablo, pero mandou o balón por alto. Xogaron Ángel, Álberto, Guino, Marcos, Gonza, Álvaro, Tiny, Pablo, Lucho, Galego e Adrián. Despois entraron Keko, no primeiro tempo, e nos últimos minutos Diego, Capela, Jandro e Aldrey. O Caranza que onte venceu 7-0 ó Ortigueira vai de lider empatado a puntos co As Pontes, 45, terceiro Eume con 43, cuarto Ortigueira con 40, Meirás 38. Partidazo o sábado que vén, Ortigueira-As Pontes
cadete.jpg


cadete.jpg
cadete.jpg
cadete.jpg
cadete.jpg
cadete.jpg
cadete.jpg
cadete.jpg
cadete.jpg
cadete.jpg
cadete.jpg
cadete.jpg
cadete.jpg
cadete.jpg
cadete.jpg
O equipo feminino recibía ó Meirás na terceira xornada de Liga Comarcal. E comezaron moi ben as de Salido e Pita. Tras varias ocasións adiantaronse por medio de Janira, regatea á defensa e define ante a porteira, é a xogadora que máis entonada está de cara a porta das azuis xa que entre equipo A e B xa leva sete goles. Incluso antes do descanso a recuperada Candela mandou un balón ó longueiro. No comezo do segundo tempo puideron poñer o 2-0 no marcador as pontesas, pero erraron un penalti. A partir de ahí as de Valdoviño comezaron pouco a pouco a impoñer o seu maior físico e maior picardía, e remontaron, con dous golazos, o primeiro da número 8 que regateou a dúas defensas locais e marcou de tiro cruzado, o segundo de tiro de falta imparable ó borde dá area da mellor xogadora visitante, a número 15, acabando o partido con 1-2 e con mal sabor de boca. Xogaron Alba, Andrea Cabarcos, Sabela, Antía, Janira, Andrea Pita, Cris Moirón, Natalia, Carmela, Laura, Uxía, Cris García, Candela e Lía.
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
femenino
O inflantil pontés cumpliu e venceu ó EFR Ferrol B por 2-7, tantos de David Rey (2), Jarel (2), Alex Fernández, Brais Blanco e Iago Vázquez. O Narón tamén venceu en Cedeira, 1-4, e os azuis lideran con 44 puntos por 43 dos naroneses que teñen un partido menos. Nas dúas xornadas que quedan semella que o Perlío vai ser o xuíz da competición, pois ambos conxuntos aínda teñen que xogar contra os de Fene, que se están xogando a terceira plaza que da acceso á fase de ascenso. No outro grupo xa están clasificados Racing de Ferrol, Meirás e Eume, e neste grupo xa teñen a súa plaza garantida naroneses e ponteses, pola terceira pelexan O Val, Caranza B e Perlío, separados por dous puntos. A semana que vén o Perlío xogará no Poboado e á seguinte recibirá en Os Pinares ó Narón.
Sensacional o Alevín A que gañou 2 a 0 ó que era o segundo clasificado, o Eume, tantos de Jorge Saavedra e Andrés Pita. Os de Rebolo amplían a súa ventaxa e lideran con 46 puntos, teñen 5 sobre o Portuarios B e 6 sobre os de Pontedeume. De aquí ó final de Liga aínda lles toca recibir ó segundo clasificado e ó cuarto EFR Ferrol C, así que deron un gran paso pero aínda queda moito. A semana que vén xogan en Fene contra o Barallobre.
alevin
Moi ben tamén o Alevín B que gañou 1-11 en Valdoviño ó Meirás. Son séptimos con 32 puntos. Reciben ó quinto Ortigueira o sábado que vén. Goles de Alex (3), Eloy (3), Bruno (3), Alberte e Fraga.
Fenomenal o Benxamín A que venceu 3-1 ó Narón Balonpé B, e suman a súa decimoterceira victoria de Liga. Son terceiros con 39 puntos, a 6 de Ferrol B e 9 de O Val B. A semana xogarán en Ferrol contra o Caranza C. Dous goles de Chema e un de Jorge.
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
O Benxamín B pola súa banda perdeu contra o Narón 5-1, son oitavos con 13 puntos e a semana que vén teñen un complicadisimo compromiso ante o líder Galicia de Caranza. Anotou o tanto da honra Xan.
Moi ben o Prebenxamín A que gañou en casa 6-3 ó Narón B, con cinco goles de Joan (foto) e un de Jandro. Aupanse á quinta praza con 29 puntos, empatados co sexto, EFR Ferrol C, co que xogarán o sábado que vén.
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
Os máis noviños do Prebenxamín B perderon 22-0 co Narón Balonpé e o sábado que vén reciben no Campo do Poboado ó cuarto clasificado, o Numancia de Ares.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios