TERCEIRA REXIONAL: CD AS PONTES 3 AD MIÑO 0

79

Gran triunfo e tres puntos vitais os conseguidos polo segundo equipo do As Pontes no encontro disputado hoxe á tarde no Campo Anexo Jose ante o segundo clasificado, o AD Miño, por 3 goles a 0.
Na primeira metade dominou algo máis o As Pontes que buscaba o gol, namentres que os visitantes, con catro puntos de ventaxa na clasificación, contemporizaban un pouco. Resaltar un dubidoso gol anulado a Pedro e a lesión de Alex Antón, que non semella de gravidade, ben sustituido por Fran. Cando todo parecía que ó descanso se ía chegar coas táboas no marcador, no último minuto, Adrián Criado anotaba de penalti, o porteiro adiviñou a intención pero Adrián co seu guante axustou moi ben o tiro. Dous minutos máis tarde, no desconto, o propio Criado bota unha falta, Borja peina o balón maxistralmente por riba do porteiro e o balón vai ó longueiro (continúa o particular idilio do dianteiro pontés cos postes), pero no rexeite estaba moi atento Junior, quen de cabeza facía o 2 a 0 co que se chegaba ó descanso.
aspontes-mino_01.jpg


Cambiaron as tornas no segundo tempo e desta vez eran os visitanmtes os que ían a polo gol e os azuis os que esperaban, non obstante agás unha falta que a piques estivo de ser gol, os locais estiveron moi ben no seu entramado defensivo e incluso saían con perigo ó contragolpe, e así puideron marcar, Pedro de falta (56´), Junior de remate de cabeza (68´), ou un gran tiro de Pedro desde fóra da área que desviou a corner in extremis o gardamallas visitante (80´). Pero foi nun sensacional contragolpe no 85´cando Borja recorre todo o campo e ante a saída do porteiro cede a Pedro para que o xogador aresano faga o 3 a 0 defintivo, anque puido ampliar Fernando dous minutos máis tarde tras regatear ó porteiro, pero o seu centro sacouno de cabeza un defensa baixo paus.
En defintivia tres valiosos puntos pra un As Pontes que se coloca terceiro con 42. Afianzase o Caranza con 49, o Miño ten 43, e na cuarta praza está un intratable Estrella de Narón que sube como a escuma e xa ten 39 puntos. Algo máis lonxe xa está o San Mateo, que ten 35 puntos na quinta posición. A semana que vén os locais visitarán ó Bemantes e buscarán gañar e sacar rédito da confrontación San Mateo-Estrella.
Calpita aliñou a Iván, Hugo, Alex (Fran 29´), Carlos, Moya, Mourín, Junior, Danilo (Fernando 76´), Borja, Criado e Pedro.
Resaltar a volta ó equipo pontés do xogador Alex Moya, de 21 anos, que estivera no equipo xuvenil de División de Honra e xogou na selección galega sub18 xunto a Dani Carballeira.
aspontes-mino_01.jpg
aspontes-mino_01.jpg
aspontes-mino_01.jpg
aspontes-mino_01.jpg
aspontes-mino_01.jpg
aspontes-mino_01.jpg
aspontes-mino_01.jpg
aspontes-mino_01.jpg
aspontes-mino_01.jpg
aspontes-mino_01.jpg
aspontes-mino_01.jpg
aspontes-mino_01.jpg
aspontes-mino_01.jpg
aspontes-mino_01.jpg
aspontes-mino_01.jpg
aspontes-mino_01.jpg
aspontes-mino_01.jpg
aspontes-mino_01.jpg
aspontes-mino_01.jpg
aspontes-mino_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios