Nota de Prensa BNG: O incremento do paro nas Pontes é moi superior á media estatal e galega

87

O número de parados/as chegou este mes de febreiro a 1.061.
Porcentualmente, o incremento do paro nas Pontes, de febreiro de 2010 a febreiro de 2011, é 3 veces superior ao de Galiza e 4,5 ao do Estado.
Se, neste último ano, o paro aumentou no Estado nun 4,08% e en Galiza nun 6,02%, nas Pontes foi do 18,2%; chegando este mes de febreiro aos 1.061 parados/as.
Desde que o PSOE está no Goberno Municipal de As Pontes (xuño do ano 2007), o paro ten medrado nun 83,5%.
Xa quedan moi lonxe as promesas do Alcalde de crear 1.500 postos de traballo.
E, agora, estamos ás portas da aplicación do Decreto do Carbón, unha decisión política do Psoe, que vai significar o maior parón industrial de As Pontes dos últimos 35 anos.
Bloque Nacionalista Galego

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios