PRIMEIRA NACIONAL B DE FÚTBOL SALA. GRUPO JUNQUERA – O ESTEO FS (5-4)

59

Derrota no último minuto do Esteo no encontro que enfrontaba ó segundo e cuarto clasificados.
Preto do remate da primeira metade o encontro marchaba con táboas no marcador (1-1), pero uns malos derradeiros minutos do cadro pontés provocou que os locais se marchasen ó descanso con ventaxa de 3-1.
Na segunda parte o Esteo foi o claro dominador do encontro e asi conseguiu remontar con dous goles de Noé e un de Rubi, pero os pontevedreses empataron apenas sen tempo para saborear a ventaxa, e o que foi peor, adiantaronse no último minuto por medio de Gitano, e os ponteses, a pesar de sacar ó porteiro xogador non puideron marcar e a clasificación agora mesmo é liderada polo Mosteiro Bembivre que ten 46 puntos, e prácticamente asegura o seu primeiro posto a falta de dúas xornadas, Junquera suma 42, Vilamartín que sorprendentemente perdeu co colista Tres Cuñados (3-2) ten 40 e O Esteo cun encontro menos ten 39.


Precisamente o Tres Cuñados é o equipo que visita o Pavillón Municipal de As Pontes a vindeira semana. Uns cen espectadores no Pavillón Municipal de Fontecarmoa para presenciar o encontro.
GRUPO JUNQUERA: Roberto, Fran, Gitano, Juancar, Ángel –cinco inicial- Gelabert, Alfonso e Chini
O ESTEO: Javichu, Gerardo, Fran, Noé, Rubi –cinco inicial- Santi, Diego e Pellón
ÁRBITROS: Otero Baltasar, Gonzalez Lubián e Castro Maquieira, de Pontevedra. Amoestaron ós visitantes Rubi, Pellón e David.
GOLES: Min. 8 (1-0), Juancar. Min. 13 (1-1), Diego. Min. 17 (2-1), Gelabert. Min 19:44 (3-1), Ángel. Min. 22 (3-2), Rubi. Min. 31 (3-3), Noé. Min. 33 (3-4), Noé. Min. 34 (4-4), Gitano. Min. 39 (5-4), Gitano.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios