RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

39

O equipo feminino afrontou en cadro a súa última visita en Liga, e acabou perdendo contra o Tordoia por 3 a 0, tantos de Tania María (41´), María (49´) e a sentencia de Lara (90´). Baixan á oitava praza con 22 puntos pero se na última xornada gañan contra o Crocha superarían na clasificación a Tordoia e Silleda para concluir na sexta posición, anque vencer ás da Pobra do Caramiñal non será doado. Salido e Pita aliñaron no encontro disputado no campo de A Rega que arbitrou Eusebio Rodriguez Rodríguez a Leti, Mireia, Andrea Pita, Jani, Patri Rochela, Lara, Sara (Chipy 45´), Clara, Candela, Carlota e Carliña. A nota máis positiva foi á volta ós terreos de xogo de Sara un ano e medio despois. (gracias Emma).
Grandes noticias nos trae o segundo equipo do As Pontes que venceu ó Bemantes a domicilio por 0-3. Apretada loita arriba, Caranza 50 puntos, Miño, 46, As Pontes, 45 e Estrella de Narón 42. Semella que estes catro equipos se van a xogar a tres plazas de ascenso pois o quinto Narahío ten 36. A semana que vén reciben no Poboado ó colista Libunca e os tres puntos son clave.
cdaspontes_feminino.jpg


O xuvenil B non xogou nesta xornada por retirada da Cultural Maniños. Seguen quintos con 49 puntos, están por riba Ánimas 57, Perlío 56, Narón 54 e Cedeira 54. Complicado compromiso en Mugardos o vindeiro domingo.
Gran resultado o obtido polo cadete pontés nas bonitas terras de Origueira, onde sacaron un empate a 3, tantos de Lucho (2) e Marcos. Anque queda moita Liga e os azuis aínda teñen que visitar os complicados campos de Pontedeume e Valdoviño o cadro de Iván Rodríguez da un paso hacia diante na loita por un dos dous postos que dan praza pra disputar a fase de ascenso. Caranza ten 48 puntos, As Pontes 46, Eume 43, Ortigueira e Meirás 41. A semana que vén reciben Portuarios.
Moi ben tamén o segundo equipo feminino que venceu en Cariño 1-2, goles de Eloise e Nato, que reaparecía. Segunda victoria a domicilio das de Salido e Pita que mereceron gañar e incluso fallaron un penalti, a asignatura pendente. Suman seis puntos e a semana que vén reciben ó sorprendente líder Ortigueira, que comparte liderato co Val.
Comentamos que o Perlío se podía convertir en xuíz da Liga Infantil, e así foi pra desgracia da parroquia local. Os de Fene venceron 0-1 ós azuis, adiantaronse a pouco de comezar o partido, e os locais a pesar de dispoñer de ocasións non puideron remontar e o Narón que deu un golpe de efecto gañando 17-0 ó EFR Ferrol B situase líder con 46 puntos e un partido menos, por 44 dun As Pontes que despide a Liga xogando o sábado ante o Portuarios B. Tan so a victoria e dúas derrotas consecutivas dos naroneses lles daría o título de Liga ós de Marcos Roca.
O Alevín A deu un paso máis hacia o título superando o trámite da súa visita a Fene, 0-14 ó Barallobre, ademáis veuse beneficiado do empate entre Portuarios B e Caranza (2-2). Son líderes con 49 puntos, Eume cun partido máis ten 46 e o Portuarios B que foi o único equipo capaz de gañar ós ponteses e que a semana que vén estará no Poboado nun interesante partido ten 42.
O alevín B empatou o venres en casa ante o Ortigueira, 2-2. Son séptimos con 33 puntos e a semana que vén terán unha complicadísima visita ante o líder Portuarios que so cedeu un empate con 18 victorias e ten a varios futbolistas na selección ferrolá, Kevin Bellas, Alejandro Piñón, Rubén Franco, Alberto Benedicto, Zoel Daza, Miguel Piñeiro e Joel López, estes dous últimos convocados a semana pasada coa galega alevín de fútbol 7.
Con paso moi firme segue o Benxamín A que este sábado gañou claramente ó Caranza B 1-9. Siguen na terceira plaza con 42 puntos e na seguinte xornada reciben ó cuarto, San Sadurniño.
Pola súa banda o Galicia de Caranza gañou 0-5 ó Benxamín B e sentenciou a Liga (Felicidades). A próxima semana os azuis, que son oitavos con 13 puntos, van a Ferrol a xogar contra o cuarto clasificado, o Portuarios.
Non tivo o seu día o Prebenxamín A que perdeu 6-1 co EFR Ferrol C. Son sextos con 29 puntos e o sábado que vén xogan en casa contra o San Sadurniño.
Os máis pequeniños do Prebenxamín B perderon 0-9 co Numancia de Ares. A semana que vén xogan coi antepenúltimo, o Ánimas de Ferrol.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios