BORJA PRIETO COMEZA OFICIALMENTE A TEMPORADA 2011

23

O palista pontés Borja Prieto Valera comezou a súa participación en competición oficial nesta tempada 2011 coa disputa da 31ª Regata Ayuntamiento de Villaviciosa.
Cerca de 300 palistas de 25 equipos participaron nesta regata disputada hoxe.


Tras varias semanas adestrando cos seus compañeiros do K4 da selección española en terras sevillanas Borja desprazouse a Asturias máis que nada para coller ritmo de competición e foi 19º na proba de 6 kilómetros con 23 minutos e 4 segundos.
Competición na que como non podía ser de outra maneira venceu o campión mundial de Maratón, o locatario Walter Bouzán (19:40) e segundo foi o castelán leonés Jorge Alonso (19:51), subcampeón mundial da disciplina maratoniana.
O vindeiro fin de semana en Sevilla son os Campionatos de España de Fondo, onde competirá Borja. Será moi importante a proba de 2000 metros de cara á futurible composición do K4 español.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios