SEGUNDA AUTONÓMICA FEMININA. CD AS PONTES 3 CROCHA BALONPÉ 0. AS AZUIS FINALIZAN A LIGA EN SEXTA POSICIÓN

39

Victoria sufrida e traballada, pero merecida, das locais no partido xogado hoxe á tarde no Campo Anexo Jose que servía pra poñer fin á temporada. A choiva non deu tregua e non parou de chover durante os 90 minutos.
aspontes-crocha_01.jpg


Na primeira metade o As Pontes foi un querer e non poder, dominou todo o xogo, e tivo as súas aproximacións a través das boas internadas por banda de Carlota, e Laura, que hoxe xogou diante e tivo varias, pero o balón non quixo entrar.
Cambiaron as tornas no segundo tempo e así apenas reiniciado o xogo a todo terreo Laura desmarcase e quedando soa diante da gardamallas rival marca de tiro cruzado. Puido anotar o As Pontes o segundo tras un centro de Laura que non acerta a empalar Carlota (48´), anque ben é certo que as visitantes puideron empatar no 50´pero o seu tiro acabou no poste.
Foi un espellismo, pois no 58´ outra vez a gran Laura pica o balón por riba da porteira, tira, e sobre a liña de gol Lía regatea á defensa e marca o seu primeiro tanto oficial co equipo con apenas 13 anos. Puideron marcar máis as azuis, Carlota que parecía de Primeira División regateou todo o que quixo e foi un puñal pola súa banda esquerda que as rivais non puideron frear, incluso a primísima Patri Rochela tivo dúas boas ocasións, pero foi Yaiza a que aproveitou unha indecisión da zaga visitante para anotar a sentencia no 85´. Sensacional a multiusos da galega, a máxima goleadora do equipo con 5 dianas, a pesar de que casi sempre xoga atrás.
Pero moi bo o traballo de todo o equipo, Leti, na medular Clara e unha Lara que xa non so corre dun lado pra outro senón que agora incluso da pases maxistrais en profundidade, e sobre todo a defensa, impecables Jani e Silvia coma sempre, moi ben Noelia a do Val no seu debut e xenial a familia Cabarcos Souto, Alex na galega e Mireia sublime.
Salido aliñou a Leti, Mireia, Lía (Sara 65´), Jani, Silvia, Lara (Candela 74´), Clara, Noelia, Laura (Yaiza 74´), Carlota, Carliña (Patri Rochela 60´)
As azuis finalizan a Liga en sexta posición salvo que o Silleda dea a sorpresa na súa visita ó Milagrosa. Sete victorias, catro empates, nove derrotas, 28 goles a favor por 27 en contra. Remata unha tempada que ten na súa parte negativa evidentemente a gran cantidade de lesións e baixas de xogadoras importantes e a carencia dunha dianteira nata de referencia. A parte positiva, dous grandes adestradores, mellor delegada, o pundonor, entrega e sacrificio do grupiño das que nunca fallaron durante estes tres anos e a ilusión dun amplio número de rapaciñas novas que garantizan o futuro a corto plazo, e algunhas, como Mireia, darán que falar no futuro.
PARTIDOS LIGA 2010-11
Primeira Volta
Val do Ulla 2 As Pontes 1 (Patri Dopico)
Silleda 2 As Pontes 2 (Chipy e Alba)
As Pontes 4 San Tirso 0 (Clara, Laura, Chipy e Janira)
Monte Forte 2 As Pontes 0
As Pontes 1 Pastoriza 2 (Silvia)
Puebla 0 As Pontes 6 (Alba 2, Carliña, Carlota, Patri Rochela e Cris Moirón)
As Pontes 2 Milagrosa 0 (Yaiza e Carlota)
Orzán B 5 As Pontes 0
As Pontes 2 Tordoia 1 (Yaiza 2)
Crocha 1 As Pontes 1 (Clara)
Segunda Volta
As Pontes 1 Val do Ulla 1 (Silvia)
As Pontes 0 Silleda 0
San Tirso 0 As Pontes 1 (Janira)
As Pontes 0 Monte Forte 2
Pastoriza 1 As Pontes 0
As Pontes 4 Puebla 0 (Carlota, Chipy, Yaiza e Janira)
Milagrosa 3 As Pontes 0
As Pontes 0 Orzán B 2
Tordoia 3 As Pontes 0
As Pontes 3 Crocha 0 (Laura, Lía e Yaiza)
aspontes-crocha
aspontes-crocha
aspontes-crocha
aspontes-crocha
aspontes-crocha
aspontes-crocha
aspontes-crocha
aspontes-crocha
aspontes-crocha
aspontes-crocha
aspontes-crocha
aspontes-crocha
aspontes-crocha
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios