FÚTBOL VETERANO DE AS PONTES: CAMPIONATO DE LIGA 2010/11

92

Tralo descanso de entroido, a pasada fin de semana disputouse a 19ª xornada do campionato de liga de fútbol de veteranos, na que hai que salientar o empate de Los Bidones ante Farmavida e a vitoria do cada vez máis líder Santaballés sobre A Cepa por un claro resultado de tres goles a cero. Vitorias de C. Guerreiro e M. Eume sobre MMYPEN e Cafetería Bahía e empate a un gol entre La Galaxia e Xuntanza.

RESULTADOS 19ª XORNADA
MMYPEN – C. Guerreiro (0-5)
La Galaxia – Xuntanza (1-1)
Santaballés – A Cepa (3-0)
Farmavida – Los Bidones (1-1)
C. Bahía – M. Eume (2-5)
Descansou: As Pontes 74

veteranos_001.jpg


Segue na primeira posición da clasificación o Santaballés, con 45 puntos. Na segunda posición está Mobles Eume con 41 puntos, seguido de As Pontes 74, con 38; e xa moi distanciados C. Guerreiro (28), C. Bahía (24) Farmavida (21), Xuntanza (18), A Cepa (17), La Galaxia e Los Bidones con 15 puntos e pecha a clasificación MMYPEN con dous puntos.
En canto ós goleadores, continúa na primeira posición Toni, de Mobles Eume, con 24 goles; seguido de Pepe, do mesmo equipo, con 17. A continuación están Fernández (A Cepa), con 14; Iván Rodríguez (Santaballés) e Michel (C.Guerreiro), con 12; Carlos Mieres (Santaballés), Vila (As Pontes 74), Manel (Mobles Eume) e Suso (Santaballés), con 10 goles cada un.
Sinalar que o xoves 17 realizarase o sorteo da competición de copa no bar A Bodega a partir das 20,30 horas.

20ª XORNADA (19/20-03-2011)
Los Bidones – Santaballés (19, 19,00)
Xuntanza – Farmavida (19, 20,00)
C. Guerreiro – A Cepa (20, 10,00)
MMYPEN – C. Bahía (20, 11,00)
As Pontes 74 – La Galaxia (20, 12,00)
Descansa: M. Eume

veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios