ACTUACIÓN DE BORJA PRIETO NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE INVERNO

76

Esta fin de semana no Canal de La Cartuja en Sevilla disputaronse os Campionatos de España de Inverno na categoría Senior, Sub23 e Xuvenil nas distancias de 2000 e 5000 metros.
En ambas distancias praticipou o mellorciño do piraguismo a nivel estatal sen ningunha ausencia, e na xornada de onte nos 2000 metros Borja foi 12º cun tempo de 8:15:79. Sorprendeu o sub23 Francisco Cubelos, segundo foi o suplente do K4 Iñigo Peña e terceiro o tricampión mundial junior e bicampión de Europa Sub23 Diego Cosgaya.
Na xornada de hoxe foron as probas de 5000 metros e Borja foi 30º cun tempo de 21: 41:10. Desta vez o triunfador foi o asturiano Javier Hernanz, 4º nos pasado Europeos en K1 1000 metros, segundo o campión mundial de K2 100 metros Emilio Merchán e terceiro volveu a ser o seu compañeiro de K2, Diego Cosgaya.


Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios