PRIMEIRA NACIONAL B DE FÚTBOL SALA: VILAMARTIN – O ESTEO FS (6-8)

31

Vitoria do Esteo na derradeira xornada de liga da Primeira Nacional B na casa do Vilamartín, de Valdeorras. Uns cen espectadores nas gradas do polideportivo municipal de Vilamartín de Valdeorras.
O Esteo despediu a temporada cunha vitoria a domicilio ante o Vilamartín, equipo que de gañar arrebataríalles ós ponteses a terceira praza. A primeira parte foi de dominio dos de As Pontes, aínda que nun despiste da súa defensa propiciou o primeiro gol dos locais. Sen embargo, o Esteo non se veu abaixo e remontou o marcador con tantos de Gerardo e Noé, resultado co que se chegou ó descanso. A segunda parte comezou igual cá primeira cun tanto do Vilamartin ó minuto de xogo, ó que seguiron outros dous máis poñendo un marcador de 4-2. Reaccionou o Esteo e nun minuto igualou o partido, con goles de Santi e Rubi. Logo serían os valdeorreses os marcarían dous tantos seguidos. Pero, novamente Rubi, en dúas ocasións, e Noé sentenciaron o partido.


Os ponteses remataron a competición en terceira posición con 48 puntos, os mesmos que Grupo Junquera, que foi segundo por mellor coeficiente particular, proclamándose campión, con 49 puntos, Mosteiro de Bembrive, de Vigo, conxunto que ascendeu á Primeira Nacional A. No Club pontés, que fixo unha boa segunda volta, laméntanse agora das tres derrotas sufridas na súa pista na primeira volta da liga.
VILAMARTÍN: Jovito, Juanma, Leo, Álex, Petolas –cinco inicial- Ramón, Manu e Diego
O ESTEO FS: Javichu, Santi, Gerardo, Fran, Noé –cinco inicial- Rubi, Diego, David, Pelu e Pellón.
ÁRBITROS: Cerdeira Casas e Calviño Cid, de Ourense. Expulsaron por dobre amarela ó local Manu e amoestaron a Noé e Diego, do Esteo.
GOLES: Min. 5 (1-0), Juanma. Min. 6 (1-1), Gerardo. Min. 15 (1-3), Noé. Min. 21 (2-2), Leo. Min. 27 (3-2), Diego. Min. 28 (4-2), Ramón. Min. 33 (4-3), Santi. Min. 34 (4-4), Rubi. Min. 35 (4-5), Rubi. Min. 36(5-5), Petolas. Min. 37 (6-5), Petolas. Min. 37 (6-6), Rubi. Min. 38 (6-7), Rubi. Min. 39 (6-8), Noé.
Nova cortesía de A.F

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios