BOA ACTUACIÓN DE BORJA PRIETO NOS CONTROIS SELECTIVOS DA FEDERACIÓN ESPAÑOLA

138

A Federación Española de Piraguismo fixo hoxe en Asturias diversos controis ós seus palistas máis destacados nas probas das distancias de 200, 500 e 1000 metros.
Na proba de 200 metros Ekaitz Saies ocupou a primeira posición, segundo foi o campión mundial asturiano do relevo Fran Llera, terceiro Rodrido Germade, cuarto Álvaro Bravo. Quinto Borja cun tempo de 0:37:53.
Nos 500 o vencedor voltou ser o vasco Ekaitz Saies, segundo o suplente do K4 1000 Iñigo Peña, e terceiro o sorprendente sub23 ex campión de Europa Junior Francisco Cubelos. Cuarto foi Borja con 1:43:28.
No tocante á regata de 1000 metros, primeiro posto para Cubelos, segundo para Peña e terceiro para Borja con 3:38:60.
borja.jpg


Precisamente esa foi a orde da clasificación final destas probas, Cubelos primeiro con 193 puntos, Iñigo Peña segundo con 186 e Borja terceiro con 179. Por detrás quedaron os campañeiros de Borja no K4, Emilio Llamedo (4º), Rodrigo Germade (9º), Diego Piña (16º), ou caras coñecidas como o campión mundial Fran Llera (7º), Javier Hernanz (10º), ou os campións mundiais de maratón Álvaro Fiuza (12º) e Walter Bouzán (14º).
Na seguintes dúas semanas seguiranse facendo probas para coñecer quenes serán os oito primeiros clasificados que representarán a España nas vindeiras regatas correspondentes á Copa do Mundo.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios