FASE DE CLASIFICACIÓN INFANTIL: C.D. AS PONTES – MEIRÁS C.F. (0-4)

97

Non puido o As Pontes infantil superar ó líder Meirás en partido da terceira xornada da fase de clasificación para o ascenso á Liga Galega disputado onte no anexo do Poboado ante unha boa presenza de afeccionados, máis dun cento de espectadores.
O resultado final de 0-4 a prol dos de Valdoviño di o que sucedeu no terreo de xogo, aínda que o encontro comezou con moita igualdade e oportunidades para os dous equipos. Sen embargo, a raíz do primeiro gol visitante, tras un erro defensivo local, un superior Meirás fíxose co control do partido. Puido empatar o As Pontes nunha volea de Caínzos que petou no longueiro da portería visitante. Ós dez minutos da segunda metade o Meirás sentenciou o encontro cun segundo tanto, marcador que incrementou con dous goles máis en senllos contragolpes.
O As Pontes aliñou de principio a Ángel, Caínzos, Blanco, Alberto, Iván, Hulk, David Rey, Álex, Nahúm, Brais e Jarel. Na segunda parte entrou o alevín Josiño no sitio de Jarel (m. 41), Jonathan no de Blanco (m. 64) e no minuto 70 Carlos e Doce substituíron a David Rey e Brais.
infantil_001.jpg


Nos outros partidos da xornada o Racing de Ferrol gañou no Val por cero goles a tres, mentres que Eume Deportivo e Narón BP empataron a un gol en Pontedeume.
Logo de tres xornadas disputadas, encabeza a clasificación o Meirás con nove puntos, seguido de Eume Deportivo con 5, Narón e Racing de Ferrol, con catro puntos; As Pontes con tres e pecha a clasificación con cero puntos O Val.
Este sábado o As Pontes recibe no Poboado ó Racing de Ferrol e o mércores, 6 de abril, xoga en Pontedeume.
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
infantil_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios