AGRUPACIÓN DE COLECTIVOS MUSICAIS RUADA: PROXECTO DE ESPECTÁCULO DE PERCUSIÓN

45

Dende a Agrupación de Colectivos Musicais RUADA de As Pontes xa se puxo a andar a montaxe dun espectáculo de percusión, que estará protagonizado por todos os percusionistas interesados compoñentes de calquer agrupación de calquer estilo da nosa vila.
A idea é preparar un concerto de 1 hora de duración, aproximadamente, con percusión variada, dende percusión corporal, a multipercusión, pasando pola percusión tradicional, latina, etc. E todo acompañado cunha posta en escea con coreografía, luces, e demáis.


Este proxecto estará coordinado polo mestre de percusión do Conservatorio de As Pontes, Ignacio Sanz.
A idea de arranque é facer varios grupos de traballo que se organizarán dun xeito independente para os ensaios, que comenzarían no mes de xuño. A estrea do concerto está prevista para as Festas do Carme 2011.
Pero previamente fai falla saber con que percusionistas se vai a contar. Para iso todos os interesados deben de mandar un correo dando os seus datos (Nome e apelidos, correo electrónico e teléfono de contacto) á seguinte dirección: conservatorio@aspontes.org
Esto podese facer dende xa, así que animamos ós interesados a que se vaian anotando. A participación é totalmente gratuita.
Quen precise maior información pode solicitala nesa mesma dirección de correo ou chamando ó teléfono do Conservatorio 981.440.024.
Unha vez se teña o listado de interesados, convocaráselles a unha reunión previa, no mes de maio, para comenzar a traballar e definir os ensaios.
Evidentemente non hai ningún tipo de esixencia para participar neste proxecto, únicamente saber tocar algún instrumento de percusión e ánimo para currarse o que aquí ven.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios