Club de Montaña O Caxado – San Andrés de Teixido

36

Este sábado a xente do Club de Montaña O Caxado decidiu “peregrinar” ate San Andrés, porque como di o vello dito ” A San Andrés de Teixido a de ir de morto quen non foi de vivo”. Asi que as sete e media da maña saiamos do aparcadoiro do Eroski 24 camiñantes que iamos tentar de percorrer os 45 kms que nos separan da costa de San Andres. Logo de comezar o camiño seguindo durante uns kms a pista que vai pola dereita do lago, cruzamos monte arriba par seguir pola zona de Reboredo cara os eólicos do parque das Somozas. Seguindo polas Enchousas, Rabo de Gato… atravesamos as terras dos concellos de Moeche e Cerdido ate chegar a Barqueira onde collemos dirección nordeste que nos levou o Campo do Hospital, onde fixemos parada para comer, reparar os desperfetos nos pes e repoñer forzas botandolle unhas cañas e algun cafe, que nos farian falla, pois diante noso tiñamos o muro da Capelada que teriamos que atravesar para ver o mar. despois de unha longa subida con algunhas rampas bastante duras, acadamos o alto da serra da Capelada e logo de pasar pola zona onde se celebra a Rapa das Bestas xa enlazamos ca ruta que ven dende Ferrol. Agora xa so queda parar na parroquia de San Roque de Reboredo a botar un grolo de auga nunha fonte que hai o pe da igrexa, e que eu non sei se e pola sua situacion ou porque xa levas 40 kms nas pernas, o caso e que moi boa che esta. unha ultia rampa que nos leva a cadar o nivel da estrada de San Andres e logo xa so queda a guinda do pastel, a mitica baixada do camiño vello que ca sua pendiente e as pedras soltas lembrache que cando saiche da casa tiñas pes, e cando chegues abaixo, xa se vera.
O caso e que as 5 da tarde estabamos todos en San Andres de Teixido onde despois de recuperar folgos e mercar unhas roscas, collemos o autobus de volta para As Pontes quen mais quen menos pensando que agora xa se pode aplicar a outra parte do dito ¡¡eu fun de vivo!!.
san-andres_001.jpg


san-andres_001.jpg
san-andres_001.jpg
san-andres_001.jpg
san-andres_001.jpg
san-andres_001.jpg
Nova cortesía de Chucho

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios