IV concurso As Boliqueiras

110

Bases do concurso As Boliqueiras
A Mesa pola Normalización Lingüística das Pontes convoca o IV concurso As Boliqueiras.
Poderán concorrer a este certame todas as persoas que así o desexen sempre que presenten os seus traballos en galego. Estes deberán ser orixinais e inéditos, podendo ser publicados se así o considera o xurado.
O tema desta edición é “CASTELAO: 125 ANOS DO SEU NACEMENTO” (totalmente aberto a todo tipo de traballo).
Máximo de 10 folios, podendo presentarse traballos en equipo.
boliqueiras.jpg


PREMIOS
ESCOLAS INFANTÍS
De 0 a 3 anos: un premio de 50 €.
De 3 a 6 anos:1º premio de 30 €, 2º premio de 20 € e 3º premio de 20 €.
PRIMARIA
1º CICLO: 1º premio de 40 €, 2º premio de 30 €, 3º premio de 20 € e 4º premio de 20 €.
2º CICLO: 1º premio de 40 €, 2º premio de 30 €, 3º premio de 20 € e 4º premio de 20 €.
3º CICLO: 1º premio de 40 €, 2º premio de 30 €, 3º premio de 20 € e 4º premio de 20 €.
SECUNDARIA
1º CICLO: 1º premio de 50 €, 2º premio de 40 €, 3º premio de 30 €.
2º CICLO: 1º premio de 50 €, 2º premio de 40 €, 3º premio de 30 €.
Haberá tamén un único premio especial “ENDESA” para un relato curto sobre calquera tema relacionado con Castelao. Este relato deberá presentarse en 10 folios como máximo, en letra Arial 12, e poderá concorrer toda aquela persoa que o desexe. O importe deste único premio será de 500 €.
Presentación dos traballos
Co orixinal entregaranse dúas copias de idéntico formato en sobre pechado, debendo constar por fóra do sobre: IV Certame “As Boliqueiras” e a categoría (escola infantil, ciclo ou premio especial) e seudónimo.
Dentro do sobre grande deberá ir un sobre pequeno co mesmo seudónimo de fóra, contendo no seu interior os seguintes datos: nome/s do/s participante/s, enderezo e un número de teléfono de contacto.
Os traballos entregaranse na biblioteca municipal, Avda. De Castelao s/n, rematando o prazo de entrega o día 8 de abril de 2011.
O xurado estará composto por un representante de cada colexio (membro dos EDNL), un por escola infantil, un/unha representante do Concello e un/unha representante da MESA. Correspóndelle ao xurado a interpretación destas bases, o seu fallo será inapelable e os premios poderán quedar desertos. A decisión do xurado farase pública o venres 6 de maio no transcurso dun acto que se celebrará no Cine Alovi ás 19.00 horas.
A participación nesta convocatoria supón a total aceptación das presentes bases.
FEBREIRO 2011

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios