A rede #nolesvotes.org presenta o corruptódromo de España

102

A rede social #nolesvotes.org vén de publicar un mapa interactivo da corrupción no estado español, sobre o que se representan informativamente algúns dos máis de 500 casos de corrupción destapados nos últimos anos. Ademais permite ao usuario introducir información relativa a novos escándalos de corrupción, sempre que esta sexa debidamente contrastada.
Presenta tamén unha relación detallada dos máis de 200 casos de corrupción abertos neste momento en España no ámbito local ou territorial, así como unha definición dos principais delitos aos que terán que facerlle fronte os políticos implicados.
Segundo os últimos datos que manexa a Fiscalía Xeral do Estado fálase de 730 causas abertas e sinala a Madrid, Málaga, Sevilla e Balears como as provincias que máis investigacións policiais concentran: 560. Desde 2004, apreixáronse a máis de mil persoas e intervíronse numerosos bens valorados en máis de 3.000 millóns de euros.
#nolesvotes.org
Esta rede social que xa conta con representación en tódalas provincias do estado español, chama á acción cidadá o vindeiro 15 de maio. A través de facebook, twitter, e ducias de foros sociais da Rede estase a coordinar a que pretende ser a maior marcha cidadá da historia da democracia española. Hai convocadas xa manifestacións en tódalas cidades españolas e numerosos colectivos sociais: asociacións, grupos de profesionais, escritores, filósofos, xornalistas, xuices, veñen de asinar un manifesto no que piden que se retiren as candidaturas nas que figuren persoas implicadas en casos de corrupción e/ou outros delitos.
Corruptodromo.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios