LIGA DE FÚTBOL SALA DE AS PONTES: O COLORMIX CAMPIÓN DA LIGA 2010/11

80

Despois de vinte xornadas disputadas, rematou a competición de liga de fútbol sala de As Pontes, título que acadou o Pinturas Colormix, equipo que tamén se levou o trofeo de máximo goleador, con 115 goles, e o de menos goleado, con 44 tantos. Nesta edición participaron once equipos da localidade pontesa.
Pinturas-Colormix-2010-11.jpg


A clasificación final quedou do seguinte xeito:
1º PINTURAS COLORMIX 51
2º BARBARROJA 48
3º MRW 46
4º MOBLES EUME 42
5º E. MARICARMEN 42
6º TIKI TAKA 30
7º CAFETERÍA BAHÍA 24
8º DEVESANA 20
9º LUJO CARLIN 14
10º CERVECERÍA VENUS 6
11º IES CASTRO DA UZ 1
O máximo goleador da competición foi Pedro, do conxunto MRW, con 40 goles, seguido de Airon, do club Tiki Taka, con 37, e Roi, de Mobles Eume, con 28 tantos.
CAMPIONATO DE COPA
Como remate da temporada, esta fin de semana celebrarase a competición de copa. O sábado competirán no polideportivo da Magdalena os seis últimos clasificados da liga na loita por tres postos para os cuartos de final, fase que se disputará pola tarde, a partir das catro da tarde (16,00), no pavillón municipal entre os cinco primeiros clasificados da liga e os tres vencedores da fase previa. As semifinais do torneo serán o domingo (17,00 e 18,00) e a final está programada para as oito do serán (20,00) no pavillón municipal da Fraga. Ó remate será a entrega dos trofeos ós gañadores.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios