LIGA NACIONAL XUVENIL: C.D. AS PONTES – C.D. LUGO (0-3)

55

Quinta derrota consecutiva do As Pontes xuvenil da Liga Nacional, nesta ocasión conta o segundo clasificado, o Club Deportivo Lugo, por cero goles a tres.
O equipo pontés segue afundido nos postos de descenso e cada vez con menos posibilidades de salvación, aínda que matematicamente é posible, pois restan seis xornadas para o final da competición e dezaoito puntos en xogo. Logo dos resultados desta xornada, o As Pontes é penúltimo cos mesmos puntos que Cultural Areas, e está a catro puntos de saír da zona de descenso, a décimo terceira posición que ocupa o Chantada. Xa están descendidos da División de Honra Calasancio e Rápido de Bouzas e na derradeira xornada de mañá domingo xóganse a permanencia Racing de Ferrol e Montañeros, que reciben na casa Roces e Bansander.
xuvenil_01.jpg


En canto ó partido sinalar que os lugueses foron superiores a un As Pontes, que aguantou ben o encontro ata o minuto vinte de xogo, no que o Lugo logra o seu primeiro tanto, vantaxe que incrementou nos minutos finais do primeiro tempo con dous goles máis que sentenciaban practicamente o partido. Na segunda parte seguiu o dominio dos visitantes, pero o marcador non se movería.
O As Pontes aliñou a Julián, Palas, Álex, Toti, Juan, Abeás, Kilian, Xavi, Dani, Chungui e Marcos. No segundo tempo entraron Álex, Beto, Isma, Javi e Juancito no sitio de Julián, Beto, Kilian, Chungui e Marcos, respectivamente. Na vindeira xornada o As Pontes xoga no campo do Arousa.
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios