TERCEIRA DIVISIÓN (Grupo 1º): C.D. AS PONTES – NARÓN BP (2-0)

25

Despois de seis xornadas consecutivas o As Pontes sabe o que é gañar, logo de vencer na tarde hoxe ó Narón en partido da 33ª xornada de liga de Terceira División disputado no campo do Poboado ante uns douscentos (200) espectadores nas gradas, con presenza de seguidores naroneses.
Presentábase o choque de rivalidade entre As Pontes e Narón con necesidade de puntos para os dous equipos. O novo adestrador dos ponteses, José Luis Lemos, estreouse ante ós seus afeccionados cunha vitoria e o que é máis importante, tres puntos primorosos que lle permiten situarse na zona morna da clasificación, mentres que o Narón segue en postos de descenso.
En canto o partido salientar que o As Pontes saíu con gañas de solventar canto antes o encontro, atacando con insistencia nos primeiros compases de partido, pero atopouse cun Narón que se defendía ben. Tralo primeiro gol local o dominio pasou ó Narón, pero o As Pontes tivo unha boa oportunidade en Javi López, que enviou o balón un pouco alto. Puido igualar o partido o conxunto naronés en senllas ocasións do veterano Mella nos minutos 27 e 37 do primeiro tempo.
Nos segundos corenta e cinco minutos continuou a presión do Narón con ataques que levaban perigo sobre a portería de Simón e nos primeiros minutos tivo ocasións para lograr cando menos o empate. Tamén os ponteses gozaron das súas oportunidades por mediación de Hugo Soto no minuto doce, e sobre todo, na de Bossa, no minuto 14 nun lanzamento de penalti que parou o meta visitante. Co Narón cun home menos trala expulsión de Juancho, os locais crearon máis perigo sobre a meta visitante, e tanto David Amado como Javi López puideron aumentar a vantaxe mínima local. Sen embargo, sería Bossa, no minuto 39 deste segundo tempo, quen sentenciaría o partido cun gol a lanzamento de falta directa ó borde da área naronesa.
aspontes_naron-001.jpg


CD AS PONTES: Simón, Moncho, Juan, Rochela, Diego Piñeiro, Schuster, Iván (Pablo, m. 88), Esmorís (Dani, m. 79), Hugo Soto (David Amado, m. 63), Bossa e Javi López.
NARÓN BP: Marcos, Juancho, Jorge Pérez, Rubén (Mon, m. 59), Carlocho, Jorge Nano, Juanito (Aguado, 73), Diego Chis, Dieguito, Mella e David (Koki, m. 60).
ÁRBITRO: Xulián Suárez Fuentes, asistido de Patiño Pedreira e Mella Fernández, da delegación da Coruña. Non gustou a actuación do trío arbitral, que estiveron máis preocupados do que acontecía fóra do terreo de xogo que no partido. Foron expulsados con vermella directa Juancho e Marcos, do Narón, por protestar. Tamén foron amoestados con amarela Rochela e Schuster, do As Pontes, e Jorge Pérez, Carlocho, Jorge Nano, David e o delegado do Narón.
GOLES: Min. 19 (1-0), Iván González, logo dun saque de esquina. Min. 84 (2-0), Bossa a saque de falta.
aspontes_naron-001.jpg
aspontes_naron-001.jpg
aspontes_naron-001.jpg
aspontes_naron-001.jpg
aspontes_naron-001.jpg
aspontes_naron-001.jpg
aspontes_naron-001.jpg
aspontes_naron-001.jpg
aspontes_naron-001.jpg
aspontes_naron-001.jpg
aspontes_naron-001.jpg
aspontes_naron-001.jpg
aspontes_naron-001.jpg
aspontes_naron-001.jpg
aspontes_naron-001.jpg
aspontes_naron-001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios