VIGO DISFRUTA DA COPA DO REI DE BALONMÁN

38

Os sete mellores equipos do balonmán español mailo Pilotes Posada de Vigo que ascenderá este ano á Liga Asobal deronse cita na Copa que dende o mércores e ata a noite do domingo se disputou no Pavillón das Travesas en Vigo.
Despois dos cuartos de final, Granollers 40 Aragón 36, Ciudad Real 36 San Antonio 30, FC Barcelona 30 Ademar León 28 e Valladolid 34 Pilotes Posada 23, as semifinais xogaronse o sábado e na primeira enfrontabanse o todo poderoso Renovalia Ciudad Real contra o Fraikin Granollers, os castelán manchegos con un equipo de infarto, Hombrados, Kallman, Guardiola, Aguinagalde, Davis, Parrondo, Sterbik, Abaló, Chema Rodríguez, Cañellas, A.Entrerríos, Morros, Dinart … coa lóxica victoria dos primeiros por 40-33, pero o gran triunfador da tarde sen dúbida foi o Granollers, o histórico equipo catalán, o primeiro equipo estatal en gañar un título internacional, a Recopa en 1976, saiu ovacionado da pista, e non era para menos pois os seus xogadores plantaronse nas semifinais con moito mérito a pesar de levar varios meses sen cobrar.
balonman_001.jpg


Na segunda semifinal enfrontabase o FC Barcelona co Valladolid. Os cataláns, outro tanto do mesmo que os manchegos, un gran plantel, Noddesbo, Juanín García, Tomás, R.Entrerríos, Sorhaindo, Sarmiento, Ugalde, Romero, Nagy, Rutenka, Rocas … O Barça dominou no marcador na primeira metade anque sen conseguir abrir brecha. No segundo tempo os vallisoletanos remontaron, tiveron o medo lóxico de ir por diante dun equipo grande e o Barça acabou igualando, e tras uns minutos de goles por un e outro lado os de Castela León acabaron gañando 26-25 no último segundo para desesperación blaugrana. Grave pinchazo dos cataláns, un dos catro mellores equipos do mundo, xunto a Kiel, Ciudad Real e Hamburgo, que levan gañados todos os seus encontros de Liga, ante un conxunto máis modesto pero voluntarioso como o de Valladolid, con Sierra, Gurbindo, Perales e Svensson como homes máis destacados.
Pero o orgullo catalán quedou resarcido o domingo á mañá na final da Mini Copa Cadete que se disputa paralelamente á Copa cada 5 años. Curiosamente os cataláns son os únicos gañadores deste torneo con 5 títulos consecutivos. Venceron na final ó Ademar de León por 43-33. O equipo estaba adestrado polo gran Andrei Schepkin, 6 veces campión de Europa co FC Barcelona, e entre os seus xogadores estaba o fillo de Enric Masip, Eric, outro “modesto” que tamén gañou 6 Copas de Europa co Barcelona.
Xa de noite, na final entre Ciudad Real e Valladolid, os vallisoletanos sorprenderon adiantandose 0-4 no marcador, os manchegos repuxeronse e ó final da primeira metade chegouse con 12-12 no marcador. Na segunda metade os casteláns leoneses acusaron o desgaste da semifinal e o Renovalia impuxo a súa calidade pra acabar arrollando cun tanteador final de 31-22.
Mellor xogador do torneo foi elexido o sensacional xogador francés Luc Abaló. Agora a manchegos e cataláns esperanlles os cuartos de final da Copa de Europa, onde son os claros favoritos xunto ós conxuntos alemáns.
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
balonman_001.jpg
Nova cortesía de Xosé Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios