Actuación de Gema Buitrón nas roldas clasificatorias do Grand Prix Europeo de Turquía

60

A delegación española de tiro con arco desprazouse esta semana a Antalya, localidade na que España gañou o Europeo Sub17 en 2008, pra disputar a proba do Grand Prix.
Catro arqueiras convocou a selección na proba de recurvo feminino e nas roldas calificatorias Gema foi a mellor na 29º posición con 1217 puntos, moi ben a junior Helena Fernández que foi 36º con 1207, 52º a balear Magali Foulón con 1176 e 61º a prometedora naronesa Iria Grandal con 1149. Todas pasaron á rolda final, na que se dará o duelo fraticida entre Gema e Helena, e cousas do deporte, Iria e Foulón tamén terán que disputar unha previa pra o acceso á fase final entre elas.


Lideraron con moita diferencia respecto ó resto, a xeorxiana Kristina Esebua (1295), a italiana Natalia Valeeva (1294) e a ucrania Victoriya Koval (1294).
Paralelamente, na competición por equipos, as españolas (Buitrón, Helena e Foulón) foron décimas na calificatoria con 3600 puntos. Na rolda de oitavos de final enfrontaranse ó conxunto de Gran Bretaña, séptimo na previa con 3725 puntos. Lideraron esta proba Xeorxia (3795), Ucrania (3787) e Italia (3771).
Na competición de Recurvo mixto España ocupou a oitava posición na calificatoria coa suma dos puntos dos seus dous mellores arqueiros, Gema e Daniel Morillo, medalla de bronce ambos na Universiada 2008, con 2459 puntos. Ucrania liderou con 2556, Italia 2543 e Alemaña 2510.
Nos vindeiros días disputaranse as roldas eliminatorias e finais na loita polas medallas.
Nova cortesía de Xosé Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios