Gema Buitrón conclúe na 34º posición na proba de Recurvo Individual do Grand Prix Europeo de Turquía

114

Esta mañá levaronse a cabo en Antalya as roldas eliminatorias tanto en recurvo masculino como feminino e na fase previa houbo duelo fraticida para acceder á fase final, e sensacional a naronesa Iria Grandal que venceu 7-1 á gran Magali Foulón, magoa que na seguinte rolda perdera por 6-0 ante a ucraniana Olena Kushniruk.


Na mesma rolda, a de trintaedousavos de final enfrontaronse Buitrón e Helena Fernández con victoria final para a junior por un apretado 5 a 6 (25-27, 25-26, 26-25, 25-25, 27-24 e 7-9 no desempate).
Posteriormente en dezaseisavos Fernández competiu contra a gran italiana Elena Tonetta, cuarta na previa, e puxollo difícil perdendo 4 a 6, con 24-25 na última tanda, 22º Fernández, 34º Buitrón, 39º Grandal e 58º Foulón.
Clasificaron para a final a italiana Natalia Valeeva e a sorprendente británica Alison Williamson. Na loita polo bronce Inna Stepanova contra a danesa Louise Laursen.
En recurvo masculino o mellor español foi o compañeiro de Gema en recurvo mixto, o balear Daniel morillo, 14º, Antonio Fernández 20º, Andrés Gómez 22º, e Elías Cuesta 33º.
Final para o italiano Marco Galiazzo contra o francés Thomas Aubert e na loita polo bronce o ucraniano Yuriy Havelko contra o ruso Bair Badenov.
Mañá e pasado disputaranse as eliminatorias por equipos masculino, feminino e mixto, e na mañá do sábado serán as finais en cada categoría.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios