BORJA PRIETO, MEDALLA DE PLATA NA COPA DE ESPAÑA

39

O piraguista pontés Borja Prieto desplazouse esta fin de semana a Trasona (Asturias) pra a disputa da Copa de España de 1000 metros.
Hoxe pola mañá, na contrareloxo do K1 1000 metros, criba que servía pra clasificar a 27 dos 45 participantes ás roldas definitivas gañou Iñigo Peña e Borja ocupou a oitava posición.
Unha vez clasificados os 27 mellores piraguistas e distribuidas as semifinais en tres regatas de nove embarcacións cada unha, na primeira semifinal gañou Iñigo Peña (3:37:42), por diante de Borja (3:38:86) e Victor Javier Rodríguez, que tamén calificaban á final.
control-selectivo-11.jpg


Na segunda venceron os dous compañeiros de Borja no K4 olímpico, primeiro Rodrigo Germade e segundo Diego Piña, co campión mundial Diego Cosgaya de terceiro.
Na terceira semifinal impúxose Ekaitz Saies, seguido de Javier Hernanz e de terceiro outro compañeiro de Borja, Emilio Llamedo.
Xa dentro dunha final de moitos kilates, disputada ás 12:50, venceu o teórico suplente do K4 olímpico, Iñigo Peña (3:33:06), que está de dulce neste comezo de 2011, gran segundo posto para Borja (3:35:55), e medalla de bronce para Javier Hernanz (3:36:08), o cuarto clasificado nesta mesma proba no Europeo de Avilés. Por detrás, Saies, Rodríguez, Germade, Llamedo, Piña e Cosgaya.
As seguintes probas serán as de K2 e K4, pero Borja so competirá en esta última mañá pola mañá, e non con moi boas posibilidades pois o seu equipo ven lastrado pola ausencia do campión olímpico Saúl Craviotto e do campión mundial Jaime Acuña, ambos non poderán estar en Trasona por compromisos deportivos e profesionais, anque o bo de Borja, xa cumpriu, e con creces, con esta medalla de prata.
Nova cortesía de Xosé Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios