CD AS PONTES B XÓGASE ESTE DOMINGO O ASCENSO DE CATEGORÍA ANTE O GALICIA DE CARANZA

35

O segundo equipo do As Pontes da terceira autonómica, xógase este domingo na derradeira xornada do campionato de liga o ascenso de categoría ante o Galicia de Caranza, equipo xa campión e ascendido a segunda autonómica.
O equipo que adestra Calpita, que realizou unha gran campaña, necesita neste derradeiro partido cando menos un punto ou que os seus inmediatos perseguidores, Miño e Estrella, non puntúen nos seus respectivos compromisos ante Narahío e Canido. Tres son os equipos que ascenden a Segunda Autonómica, categoría á que xa accedeu o Galicia de Caranza, logo de proclamarse campión de liga dende hai unhas xornadas, e os dous restantes decidiranse nesta derradeira xornada de liga entre As Pontes B, Miño e Estrella, polo que a emoción e a incerteza nestes choques está garantida ata o minuto final.
O partido do Poboado, que espertou expectación entre os afeccionados ponteses, comezará ás cinco do serán (17,00) e será arbitrado polo ferrolán Víctor García Villaverde.
CD-As-Pontes-B-2010-11.jpg


Nova cortesía A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios